jueves, 16 de marzo de 2017

MARÍN Y SU NOTICIA. JUEVES, 16 DE MARZO DE 2017

CHARLAS E CONFERENCIAS
O xurista Modesto Barcia Lago ofrece hoxe unha disertación sobre 'Xénero e Cidadanía' no Museo M. Torres as 20h.
Modesto Barcia falará hoxe no Club de Opinión PORTOCELO
MARÍN. 16.03.2017. O Club de Opinión PORTOCELO, foro de debate marinense, únese á celebración do Día Internacional da Muller Traballadora organizando unha conferencia que será impartida por Modesto Barcia Lago, doutor en Dereito, escritor e académico numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que disertará, hoxe ás 20.00h no Museo M. Torres, sobre o tema do seu libro “Género y Ciudadanía. Un debate actual iluminado por las estrellas de la noche griega”. O acto será presentado por Pilar Calviño Barreiro e o poñente porá de manifesto a súa inquietude e o seu compromiso cívico cos valores da dignidade, a liberdade e a igualdade das persoas sen distinción de sexo ou orientación sexual.

CULTURA
A escritora María Solar presenta o seu libro 'Os nenos da varíola" mañán venres no Ateneo Santa Cecilia
MARÍN. 16.03.2017. A escritora e xornalista compostelá María Solar volve esta semana ao Ateneo Santa Cecilia de Marín para presentar o seu novo libro, “Os nenos da varíola”. Será neste ‘Venres do Ateneo’, a partir das 20:00 horas, con entrada libre. Publicada por Galaxia en galego, e dispoñible tamén en castelán e catalán nos selos Anaya e Bromera, respectivamente, trátase dunha novela baseada na historia real dos nenos da expedición Balmis que levaron no seu corpo a vacina da varíola ata América. Na presentación de “Os nenos da varíola” -unha actividade que conta coa colaboración do Concello de Marín- participará a escritora e xornalista Elena Gallego, que será a condutora da velada literaria.



El cantante Juan M. Montilla 'El Langui' visita esta tarde el colegio San Narciso para hablar sobre acoso escolar
MARÍN. 16.03.2017. El compositor, cantante y actor Juan Manuel Montilla "El Langui", visita tarde a las 17.30h el colegio San Narciso de Marín, para charlar con el alumnado sobre acoso escolar. El popular artista acude a este centro invitado por la Asociación de Nais e Pais de Alumnos, dentro de la campaña "Se buscan valientes".

Xuntanza informativa sobre a vespa velutina na Casa de Cultura de San Xulián de Marín de Arriba
MARÍN. 16.03.2017. Organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Marín, impartida pola Asociación DEPOLGAL (defensa dos polinizadores de Galicia), o domingo día 19 terá lugar a reunión informativa sobre as Vespas Velutinas, na Casa de Culutra da parroquia de San Xulián as 12.00h.

Unha charla sobre megalitismo en Galicia abre mañán o ciclo de conferencias 'Francisco Carballo' organizado por A. C. Almuinha 
MARÍN. 16.03.2017. A Asociación Cultural Almuinha inaugura mañán ás  20.00 no Museo M. Torres, o ciclo de conferencias 'Francisco Carballo de Historia de Galiza' con unha charla sobre "O megalitismo en Galicia" a cargo do arqueólogo Juan Carlos Castro Carrera, director da Sociedade Anta de Moura S.L.

DEPORTES EXPOSICIÓN
Inauguración de la muestra 'De Pontevedra a Río' dedicada a los olímpicos pontevedreses
MARÍN. 16.03.2017Ayer tuvo lugar la inauguración de la exposición itinerante, organizada por la Diputación de Pontevedra, “De Pontevedra a Río 2016", con la información de los deportistas pontevedreses que participaron en los Juegos Olímpicos de Río. Los datos de un total de 16 olímpicos estarán presentes en esta exposición, que permanecerá abierta hasta el día 26 en el hall de la Casa Consistorial en la que se podrán apreciar los deportistas que pasarán a la historia de nuestro deporte sin ninguna duda y entre los que tenemos que destacar a nuestro saltador de longitud, de Marín, Jean Marie Okutu, sexto olímpico marinense, quien logró clasificarse para esta histórica cita con un salto de 8,17 en Granada. A acto inaugural asistió la diputada provincial Chelo Besada, el concejal de Deportes Antonio Traba, y los olímpicos marinenses Jean Marie Okutu y Carlos de la Torre.

IMAXES DO DÍA

Os nenos e nenas de 5º do CEIP Carballal, recibiron hoxe a visita de Antonio Villanueva, marinense, mestre e músico, ademáis de ex fundador do grupo fpolk Liorna. Actualmente é membro da ONCE, xa que perdeu a visión fai anos. Villanueva presentoulle os rapaces o traballo que realiza Dakar, a súa cadela-guía, de raza labrador. Contou, por exemplo, que a pesares de ser un can de raza labrador que se usan en labores de salvamento na auga, ela tívolle medo a primeira vez que a levaron á praia xa que nacera en Madrid e nunca se achegara antes ao mar. Imaxe CHEP


Marín deu onte o último adiós a Isabel Carragal da Costa, que finou o pasado luns os 46 anos de idade despois de loitar incansablemente contra un cáncer de mama. Familiares, grupo de amigas e numerosos veciños asistiron apenados o funeral que foi oficiado no Templo Novo polo párroco David Mohedano. Posteriormente tuvo lugar a incineración na intimidade familiar. DEP. Imaxe SA

No hay comentarios:

Publicar un comentario