lunes, 3 de abril de 2017

MARÍN. OPINIÓN. BIBLIOTECA ¿PÚBLICA?. POR PAULA MOLINA QUINTELA

¿Cándo vai funcionar a Biblioteca Pública de Marín como unha biblioteca pública? Cando un é alumno de bacharelato e necesita libros de lectura ou un sitio para estudiar, cre que na biblioteca vai poder atopar eses libros e ese sitio, pero resulta que ou ten moita sorte e chega o primeiro ou se atopa con que non hai volumes suficientes, ou que a biblioteca está pechada ás horas en que precisamente os alumnos non teñen clase.
Se un é unha persoa que quere doar libros á biblioteca, xa sexan de historia, de xeografía, de literatura en español, galego e inglés ¿qué se atopa? Que non interesan: que se non hai sitio para eles, que se son en inglés (¿Non hai estudantes de filoloxia inglesa en Marín, nin de Historia, nin de Dereito?) Atopámonos pois co feito de que logo de máis de trinta anos de aberto ese espazo, os fondos non se amplían, non hai actividades de fomento da lectura (fóra da utilización de biblioteca para as sesións de contacontos). Non debemos esquecer que a Universidade de Vigo ten parte do seu campus a escasos sete quilómetros con titulacións moi variadas e moitos marinenses estudan nel, que na vila temos varios centros educativos e que a poboación de Marín supera os 25000 habitantes. A biblioteca –como servizo público- debera apoiar clubes de lectura, que os hai, organizar por exemplo visitas guiadas, como xornadas formativas para colectivos (de maiores, de desempregados, etc). Debemos ter en conta que moitas persoas non saben cómo está organizada unha biblioteca, que hai nelas ademáis dos xornais e do BOE. ¿Que pasa con ese espazo onde hai computadoras, que horario ten, quen pode facer uso del, en que condicións? Hai que dar a coñecer os recursos públicos. Pero, claro, para iso os responsabeis da Biblioteca -sexan quenes sexan- teñen que porse a traballar ou cecáis contratar a máis persoal; lembremos que en datas non moi lonxanas a biblioteca “pública “ estivo pechada tres tardes consecutivas por enfermidade das persoas que a atenden, feito este que podería terse subsanado se houbese por ejemplo máis persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario