jueves, 6 de abril de 2017

MARÍN Y SU NOTICIA. AXENDA DE ACTIVIDADES

Mayka Braña actuará hoxe en dous 'sketch' humorísticos do programa 'Land Rober' da TVG
MARÍN. 06.04.2017. A actriz marinense Mayka Braña, que recibiu onte o premio Liberación 2017 de Marín, actuará hoxe en dous 'sketch' do programa Land Rober. Ninguén debe perderse estas duas 'curtas' -unha vai de xubilados e outra vai dun pleno en un Concello- coas que Mayka fará disfrutar a quen se 'conecte' hoxe co humoristico programa.

O Colectivo Nacionalista Galego de Marín presenta hoxe o libro 'Bolxeviques"
MARÍN. 06.04.2017. Organizada polo Colectivo Nacionalista Galego de Marin hoxe as 20.00h na Biblioteca Pública terá lugar a presentación do libro 'Bolxeviques 1917-2017'. Este libro pretende ser a contribución galega para a necesaria revisión do acontecemento histórico máis importante do século XX, a Revolución Rusa; sendo unha maneira de participar desde Galiza da reflexión sobre o impacto histórico e ideolóxico deste acontecemento.

Actuación mañán do grupo The Turre´s Band na Biblioteca Pública Municipal
MARÍN. 06.04.2017. Mañán nos 'Venres do Ateneo' actuará o grupo galego The Turre´s Band. A actuación terá lugar na Biblioteca Pública Municipal as 21.30h. Esta formación xurdiu en 2001 no seo da Banda de Música de Torroso coa idea de achegar un concepto innovador na música de vento. A medio camiño entre as ‘brass band’ norteamericanas e as fanfarrias dos países balcánicos, os doce intérpretes de The Turre’s Band interpretarán unha mestura de melodías que animarán o público a deixarse levar polo ritmo.

Novena e procesión da Virxe das Dores mañá as 19.30h no Templo Novo 
MARÍN. 06.04.2017. Mañán venres as 19.30h finaliza a novena da Virxe das Doores no Templo Novo. De seguido celebraráse a procesión que sairá as 20.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario