domingo, 21 de abril de 2019

MARÍN. ELECCIONES MUNICIPALES. ENTREVISTAS CANDIDATOS. HOY: AARÓN FRANCO. MAREA MARÍN

Actualmente concelleiro en la oposición y candidato a la Alcaldía, Aarón Franco dice “que Marea Marín ha desarrollado una vertiginosa agenda de mociones y propuestas a lo largo de estos cuatro años en la que por primera vez tuvo presencia en la Corporación Municipal y en los que se ha centrado en demostrar que la formación que representa es la única alternativa al PP”

"Hai que ter claro que na política municipal o traballo faise na rúa, ao carón das persoas, co boca boca, explicando, argumentado e contrastando ideas que á súa vez tamén nos enriquezan a nós para despois poñelas no centro do debate"
- Que lle animou a presentarse como candidato de Marea Marín aos comicios municipais del 26M?
Xurdíu como unha cuestión colectiva dentro da nosa asemblea, que é como se deben de dar este tipo de debates, pero máis alá das cuestións individuais o que motiva a participación política do conxunto de persoas que formamos parte da Marea Marín son as ganas inmensas de que Marín recupere o latexo perdido nos últimos dez anos. Precísase reverter a situación de parálise na acción gubernamental de Marín para afrontar proxectos de suficiente calado que invirtan unha tendencia en caída libre con respecto aos datos demográficos, que amosan como Marín perdeu máis de 1.000 habitantes nos últimos 10 anos. Esa ilusión e esas ganas por elaborar e executar o proxecto que temos entre as mans é o que motiva ao grupo de veciñas e veciños que conformamos a Marea Marín a dar un paso adiante na defensa da nosa vila e para, como diciamos o día da nosa presentación, dicirlle ás persoas que marcharon de Marín que se a partir do 26 de maio gobernamos, aquí terán un grupo de goberno traballando día e noite para que volvan á súa terra.
- Que estratexia seguirá de aquí a data das elecciones para atraer a atención e o voto hacía a súa candidatura?
Non nos gusta mirar isto como unha cuestión de mercadoría electoral, nin tampouco concordamos con esa máxima que aplican os partidos clásicos do “quítate ti para poñerme eu”. Para nós é moi importante todo o relacionado co programa e sobre todo facer que ese programa e esa alternativa que nós consideramos mellor, chegue a todas as veciñas e veciños de Marín. Para iso hai que ter claro que na política municipal o traballo faise na rúa, ao carón das persoas, co boca boca, explicando, argumentado e contrastando ideas que á súa vez tamén nos enriquezan a nós para despois poñelas no centro do debate. Algo que xa fixemos nestes 4 anos coa presentación de máis de 80 iniciativas na coorporación municipal, e onde  moitas delas xurdiron das máis de 50 asembleas veciñais que celebramos en diferentes parroquias e barrios. 
- Está claro que vostede considera os eu programa como ilusionante para Marín ¿pero, en líneas xerais, en qué se diferencia dos demáis programas?
Pois basicamente en que é un programa que pertence única e exclusivamente á xente porque foi que o elaborou mediante a última rolda de asembleas veciñais que fixemos entre outubro e decembro deste último ano. Non cremos nos programas electorais de laboratorio que adoitan facer os partidos tradicionais. Temos o pleno convencimento de que o pobo é quen máis ordena e consecuentemente comezamos a aplicar iso nós mesmos. O noso programa elaborouno a xente que asistiu a esas asembleas veciñais, polo tanto imos defendelo non só ate o 26 de maio, senón durante catro anos, e como dicía anteriormente, agora imos traballar para darllo a coñecer a aquelas persoas que non tiveron a oportunidade de asistir a esas asembleas para completalo e melloralo. É  un programa en constante crecemento.
- Qué resultados esperan acadar?
O que percibimos por parte da xente en xeral é bo e iso é algo que nos anima día a día a continuar, especialmente cando nós din que nestes catro anos fomos o grupo político que máis traballo fixo pero en todo caso será a veciñanza de Marín a que decida o 26 de maio e non nos queremos confiar porque esa é a única enquisa valida.
- Non afectarán negativamente aos resultados esperados a desaparición na lista da portavoz do grupo Sandra Pesqueira que ademáis foi candidata nas anteriores eleccións?
O traballo de oposición en relación ás iniciativas presentadas fíxose moi ben. Nós poñemos énfase no grupo, no colectivo, no equipo que debe apoiarse e complementarse e tendo sempre en conta o agradecemento a quen adica ou adicou o seu tempo á política municipal e mellorar a vida da veciñanza. Programa e equipo son as cuestións relevantes.
- En caso de non conseguir a maioría necesaria para gobernar ¿que posibilidades hai de que busque apoio nas demáis formacións políticas? Dito dou otra maneira ¿pactará vostede con outros partidos para formar goberno? E con cal ou cales?
A política de pactos debe basearse en primeiro lugar no programa, en segundo lugar no que debe ser a ética da xestión política e en terceiro lugar na viabilidade de goberno. Para nós o noso programa é fundamental porque é o contrato que temos coas veciñas e veciños, a ética  tamén, e a ética é non permitir como sucede agora que a alcaldesa de Marín cobre 54.000 euros ao ano, máis que os alcaldes de cidades como A Coruña ou Santiago. Nada máis entrar na corporación propuxemos unha rebaixa do 10% dos salarios para tod@s, goberno e oposición, e dita proposta foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular e por algún grupo político máis.
- Qué e o primeiro que xestionará do seu programa no caso de que chegue o goberno municipal?
 Nós temos un primeiro paquete de dez medidas uxentes que imos poñer en marcha. En primeiro lugar a constitución dunha mesa de traballo interinstitucional para estudar as posibilidades e as vías para abrir Marín ao mar e deixar de vivir de costas a el. En segundo lugar a posta en marcha dun plan de vivenda pública protexida que ira relacionado á súa vez coa suba do imposto do IBI a aqueles pisos embargados polas entidades financieiras e que están desocupados. No referente á participación cidadá poñeremos en marcha os orzamentos participativos e constituiremos os consellos municipais do deporte, da cultura e da xuventude, mentres ao mesmo tempo iremos creando os consellos parroquiais e de barrios. Aprobaremos tamén unha ordenanza de benestar animal, crearemos o banco de terras para fomentar o coopertivismo agrario para persoas en desemprego, contrataremos un estudo para o reordenamento urbano de Marín, e abriremos un expediente de recuperación do camiño público de Aguete que foi roubado ao público co consentimento activo do actual goberno do PP.
- Para terminar que balance faría do seu grupo durante estos cuatro años na oposición? Cree vostede que foi necesaria ou suficiente como para que o seu partido aumente en votos nestas novas elecciones?
Pois como dicía anteriormente aí está o traballo co que conseguimos acadar obxectivos importantes como ascensor para o museo Manuel Torres, a mellora da seguridade vial en Ardán, a reforma da accesibilidade ao cemiterio do Campo, o carril bici que ía incluido na moción que presentamos por dúas ocasións referida á mobilidade, o estudo para levar a traída de auga a tódalas casas do rural e un longo etc. O traballo está aí, malia que o PP pretenda adxudicarllo a Ramallo. É un traballo noso, un traballo que fixemos tendo tres concelleir@s. A xente xulgará e decidirá co seu voto. O pobo é soberano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario