martes, 6 de agosto de 2019

MARIN. ENTREVISTA A MANUEL PAZOS LAMOSO. PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL DOS SOCIALISTAS DE MARÍN

MEDIDAS CONTRA DESPOBOACIÓN
"Se a vivenda é escasa e cara, é moito mais dificil que a xente poida vivir en Marín e acaba optando por irse a outros lugares próximos onde poden atopar pisos ou casas a prezos asumibles ou mellores servizos..."

Manuel Pazos Lamoso, portavoz del grupo municipal del PSdG-PSOE en Marín
ENTREVISTA. 06.08.2019 (Angel G. Carragal) O primeira moción que Grupo Municipal dos Socilaistas de Marín presentan nesta lexislatura, cara a ser debatida no próximo pleno, pretende actuar sobre o aluguer de vivendas para que moitas das que actualmente se atopan pechadas poidan ser alugadas a un prezo razoable. A medida, según o portavoz do grupo socialista Manuel pazos Lamoso, busca en última instancia que a xente opte por quedarse ou por escoller Marín como lugar na que vivir ao dispor dunha ampla oferta de vivenda en aluguer a prezos razoables.

- Por qué esta iniciativa?
- Son moitos os marinenses que optaron por irse a vivir a Pontevedra, Poio ou Cangas porque atopar unha vivenda en Marín na que vivir é francamente difícil. Os alugueres son escasos e por tanto moi caros. Ademáis o prezo da escasa vivenda nova está ao nivel de Pontevedra. Queremos loitar contra esta inercia mediante o fomento do mercado do aluguer como elemento de atracción e fixación de poboación”.
- Cal e o obxectivo primordial?
- Os socialistas queremos poñer de relevo a importancia que ten a vivenda como elemento clave á hora de fixar poboación. Se a vivenda é escasa e cara, é moito mais difícil que a xente poida vivir en Marín e acaba optando por irse a outros lugares próximos onde poden atopar pisos ou casas a prezos asumibles ou mellores servizos.
- A quén vai dirixida?
- Especialmente a xente xoven e as novas familias para que teñan unha opción real e unha razón xustificada para elexir Marín e as súas calidades ambientais antes ca outros concellos con máis servizos como Pontevedra, porque a igualdade de prezos do aluguer a xente escollerá os servizos que ofrece Pontevedra.
- Que medidas contemplan para facer realidade a proposta?
A nosa pretensión e incentivar o mercado do aluguer en Marín e para elo propoñemos: Ofrecer un 100% de seguridade aos propietarios das vivendas para que as poñan en aluguer a través da oficina municipal. Para eso o concello contratará un seguro conxunto que cubrirá os posibles impagos do aluguer, os desperfectos na vivenda e os custes dun desahucio. A cambio os propietarios terán que ter as vivendas en condicións dignas de habitabilidade e alugalas a un prezo razoable e taxado en función das características da vivenda (ubicación, superficie, antigüidade, etc).
- Concrete por favor o que pretenden conseguir?
- Pois que á xente xoven e ás familiar novas atopen vivendas en perfecto estado para vivir e a uns prezos razoables. Cando se complete a implantación desta medida poderemos ofrecer multitude de vivendas: grandes ou pequenas, céntricas ou no rural, con ou sen garaxe... pero todas elas perfectamente habitables e a un prezo asumible.
- En qué outros sectores poden repercutir positivamente estas medidas?
- Os socialistas consideramos que con estas medidas se conseguirá tamén axudar o comercio local, principal damnificado da perda de poboación e ademáis impulsar a rehabilitación de vivendas e recuperar a vida de moitas rúas e barrios.
- E asumible a proposta presupuestariamente falando?
- Trátase dunha medida perfectamente asumible dende o punto de vista económico, posto que o custe de contratación do persoal técnico necesario e dos seguros de cobertura contra impagos, desperfectos e/ou desahucios estímase entre 60.000 e 70.000€ anuais.
- Cree que conseguirán o apoio do grupo gobernante para sacar adiante a iniciativa?
- Os socialistas marinenses presentamos esta iniciativa moi meditada, asumible económicamente e imprescindible para revitalizar Marín e que deixemos de perder poboación. Estamos seguros que contaremos co apoio de todos os grupos porque non hai lugar para á política partidista en temas de tanta importancia para Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario