miércoles, 25 de noviembre de 2020

MARÍN. A MUSEALIZACIÓN DO CASTRO DA SUBIDA. 'UNHA DESFEITA ARQUEOLÓXICA'


"As actuacións que se están a realizar no Castro de A Subidá en Marín son un atentado ao patrimonio arqueolóxico"

MARÍN. 25.11.2020. Los colectivos Irmandade Illa de Tambo, Umia Vivo, A Forneiriña, AnovaTerra, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ou o Colectivo Monte Pituco, así como  o BNG Marín, esixen a paralización das actuacións que o Ministerio de Fomento en convenio coa Deputación de Pontevedra está a realizar no Castro de A Subidá. “Son un atentado ao patrimonio arqueolóxico e repiten os erros cometidos en anteriores actuacións, como a realizada no castro de Toiriz en Silleda”, sosteñen desde a formación nacionalista marinense. Por la súa parte os colectivos coiniciden en que se trata “dunha actuación prexudicial e agresiva para o xacemento castrexo marinense polo movemento de terras e a instalación de mobiliario urbano sen garantías para a conservación das estruturas primitivas e dos gravados rupestres que as rodean”, e aseguran tamén que "o estado do castro da Subidá é moi preocupante pola transformación do espazo inmediato que rodea os restos arqueolóxicos en espazos de lecer de dubidosa utilidade coa instalación de bloques de pedra serrada a modo de bancos e lousas que pavimentan parcial e arbitrariamente o chan”.
O BNG Marín xa deu traslado das obras que se están realizando ao seu Grupo Parlamentar para esixir á Xunta a paralización inmediata da execución das obras que se están realizando no Castro de A Subidá no marco do Proxecto de Restauración e Musealización dos Xacementos galaico-romanos de Pontevedra. (Leer +)


No hay comentarios:

Publicar un comentario