miércoles, 26 de enero de 2022

MARÍN NON QUEDA SIN ENTROIDO. SERÁ UN TANTO ATÍPICO PERO MOI VISTOSO. AVANCE DA PROGRAMACIÓN

"Buscamos manter vivo o espírito do Entroido, pero ademáis poder dinamizar Marín durante eses días para que poida repercutir de xeito positivo no comercio e na hostalaría local”

Reunión de traballo e preparatoria do 'Entroido Marin 2022'

MARÍN. 216.01.2022. As concelleira de Festas Marián Sanmartín, e de Cultura, Beatriz Rodríguez ademáis da concelleira Coordinadora de Eventos, Raquel Soage, reunironse con representantes do Ateneo Santa Cecilia, da comparsa Os da  Caña e do grupo Pousos da Area para coordinar a celebración do Entroido dun xeito alternativo ao habitual, para poder conmemorar estas datas cumprindo coas medidas vixentes en materia sanitaria.
Tal e como explicaron as concelleiras, “queremos contar en todo momento cos colectivos que forman parte da organización do noso Entroido, apoiando o seu labor incluso nun ano coma este, no que moitas das cousas que se levaban a cabo non se poden organizar do mesmo xeito ca outros anos”.

- Non as comparsas, non o Enterro da Sardiña, sí a unha Festa Infantil na Alameda
De xeito concreto, non haberá nin desfiles nin Enterro da Sardiña, pero o Concello de Marín organizará unha festa infantil con animación na fin da semana grande do Entroido. O obxectivo é poder facelo na Alameda, igual ca o resto de actividades, aínda que coa posibilidade aberta de trasladalas ao Multiusos se a climatoloxía o esixe.
Para a organización desta festa, “contrataremos ás comparsas, batucadas e charangas de Marín, para que se encarguen de realizar unha animación acorde á época de Carnaval”. Pero non só iso, tamén se contará con elas para a decoración das rúas e prazas e para a organización de obradoiros para os cativos. “Con todo isto buscamos manter vivo o espírito do Entroido, pero ademáis poder dinamizar Marín durante eses días para que poida repercutir de xeito positivo no comercio e na hostalaría local”.

- Non a Festa do Merengue, e sí a exposición na sala acristalada do Multiusos
Por outra banda, Amigos dos Rapaces estudará adaptar a súa festa infantil, por se é posible realizala, pero xa confirma ao cen por cen a suspensión da Festa do Merengue, xa que pola súa propia natureza veríase comprometida a seguridade e o uso da mascarilla. Ademais, o Ateneo Santa Cecilia organizará unha exposición na zona acristalada do Multiusos “e ofrecímoslle a posibilidade de que fagan o Concurso de orellas e filloas o martes no Multiusos”. 

Decoración nas rúas, Velorio no Palco da Música e Festa do Pote
No que respecta ao Enterro da Sardiña, aínda que non se fará, si se decorarán as rúas con lonas nas que se verán imaxes doutros anos, coma sempre, e a maiores o Palco de Música engalanarase para o Mércores de Cinza co velorio. Finalmente, o domingo día 6 celebrarase a festa do Bolo do Pote e o Museo Torres terá unha exposició durante todos ese días sobre Entroido tradicional galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario