lunes, 27 de mayo de 2019

MARÍN. ELECCIONES MUNICIPALES 26M. VALORACIÓN RESULTADOS. PSOE

Dende o Partido Socialista de Marín e tras a celebración das eleccións municipais do  26M fan a seguinte valoración dos resultados:

“O primeiro que queremos é felicitar a María Ramallo e ao seu equipo polo extraordinario resultado que obtiveron"

“O primeiro que queremos é felicitar a María Ramallo e ao seu equipo polo extraordinario resultado que obtiveron. Xa llo comunicamos en privado pero tamén o queremos recoñecer públicamente. 
O segundo é dar as grazas á xente que confiou na nosa candidatura. Subimos o número de votos en todas as mesas e aumentarmos en casi 600 votos con respecto a 2015, o que supón un incremento do 37%. Ainda así claramente insuficiente para frear o incremento do PP. 
Fixemos unha campaña que a ben seguro tivo erros e acertos, pero na que fixemos un traballo enorme do cal nos sentimos moi orgullosos. Quero agradecer a toda a xente que nos axudou na campaña polo seu traballo e enorme xenerosidade, e tamén a aquelas persoas que sempre tiveron unha palabra de ánimo ou cando non unha enorme educación e respeto hacia a nosa candidatura.
En último lugar indicar que comezan agora catro anos ilusionantes para nós na que impulsar medidas, proxectos e propostas que fagan de Marín unha cidade mellor. Hai moito polo que traballar e o faremos coa máxima dilixencia e responsabilidade.” 
Remitido por Manuel Pazos Lamoso.Candidato electo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario