domingo, 9 de enero de 2022

MARÍN. A ENTREVISTA DO DOMINGO. HOXE. PABLO NOVAS CABALLERO. CONCELLEIRO DO RURAL

"Non considero que haxa unha zona no Rural máis descuidada ca outra, xa que se atenden aos veciños dos sesenta núcleos por igual e os temas vanse priorizando en función da urxencia" 


MARÍN. 09.01.2022. A Concellería de  Desenvolvemento Rural,  Servizos,  Execución de Obras  nas Parroquias e Coordinación  cos  Colectoivos  Veciñais  do  Concello de Marín está a cargo do concelleiro Pablo  Novas Caballero, outro dos edís do grupo de Goberno sobre os que ‘pivota’ unha das máis complexas áreas de traballo do Equipo de Goberno. 
Da xestión de Pablo  Novas á fronte de tan importante e complexa concellería dános conta nun extenso informe de obras e servizos executados ao longo de 2021  ao que hai que engadir as previsións que ten para o ano que acabamos de iniciar, como “ a humanización dá  contorna  do Mercado de Seixo;  saneamento de Pastoriza a  Picotes;  abastecemento de  auga en  Bexe;  construción dá senda  peonil entre Seixo e  Bagüín; reposición de firme  do  Camiño dá  Cascalleira en Allariz e diversos  proxectos de  mantemento e reparación de vías  rurais,  alumeado e  outros servizos. Da súa xestión o frfente da concelleria do Rural dános conta na seguinte entrevista.
P - ¿Cómo valora a atención que o Concello de Marín dedica ao Rural?
R - Con sinceridade creo que dende o Concello se atende os veciños do rural cun trato directo e cercano. A pesar da pandemia, que non permiteu facelo coa mesma intensidade dos anos antereriores, trátase de ver os problemas in situ cos veciños si o tema o requiere así,  e intentar sempre dar unha explicación ás cuestións.
P - Pero hai veciños dalgunhas parroquias que se queixan de certo abandono.
R - Abandono como tal non existe para nada pero o rural é moi amplo e moitas veces non se da chegado a solucionar tódolos problemas coa rapidez que se demanda pero levamos un orden e unha planificación e os proxectos van saíndo adiante. Mostra disto son os executados este último ano. 
P- Non será que a crítica ven por falta de atenciòn a pequenos detalles como poden ser a limpieza ou os debroces...
R - Claro que non menos importantes son para nos as que se denominan pequenos detalles que si non se realizaran serían grandes problemas para a veciñanza. Pero xa estamos atendendo estas cousa. Estoume a referir, por exemplo, ao despliegue de desbroce e limpeza que se leva a cabo na primavera-verán pioneiro neste concello polo xeito de facelo e por chegar ata a última casa.
P - Cál é a zona ou zonas que quedan por atender
R - Non considero que haxa unha zona máis descuidada ca outra, xa que se atenden aos veciños dos sesenta núcleos por igual e os temas vanse priorizando en funcion da urxencia, do alcance das actuacións a facer e, sobre todo, tamén das subvencións que a veces veñen só encarriladas para unha cousa determinada e iso condiciónanos.
P - Considera vostede que dentro do Presuposto Municipal é suficiente a partida destinada ao Rural
R - Nunca é suficiente e sempre se quere máis pero o importante é que este equipo de goberno é unha piña dende haI máis de dez anos e na nosa mente está o interés xeral e as necesidades de todas as áreas do Concello, sempre tendo en conta os recursos existentes. Isto que parece de entrada unha frase feita sin máis é moi importante para ter un equilibrio nas inversións.
P - En que se diferencia a política do Rural do actual goberno da de gobernos anteriores
R - En que traballar con departamentos estancos como facian gobernos anteriores, producía un gran desequilibrio nas áreas e tamén nos lugares. Dependendo que partido tiña máis peso en cada Concellería, así se repartían os cartos, e iso, neste equipo de goberno non sucede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario