viernes, 14 de enero de 2022

MARÍN. O BNG REXEITA AMPLIAR A ZONA AZUL A OUTRAS RÚAS DA CONTORNA URBANA

Lucía Santos, portavoz do BNG: "Dende o BNG consideramos que a iniciativa de ampliar a Zona Azul vai contra o fomento de mobilidade sostíbel anunciado polo goberno municipal..." 

Ante a proposta do goberno municipal do PP de ampliar os aparcamentos de Zona Azul no concello de Marín, asistimos unha vez mais a unha nova improvisación do goberno municipal xa que carece de proxecto para dar solución aos problemas de tráfico e falta de aparcamentos que vén arrastrando a veciñanza de Marín desde hai anos.
A creación de Zona Azul está ocasionando problemas para poder deixar o vehículo nos espazos de aparcamento disuasorio ás persoas que se desprazan a Marín por traballo ou para xestións que conleve máis de dúas horas de tempo, xa que as zonas libres de tempo limitado son mais demandadas polo que aumentar a Zona Azul a outras rúas do concello non vai solucionar a problemática, ao contrario, quen precise desprazarse a Marín por máis de dúas horas vai ter moitas complicacións para poder aparcar.
Dende o BNG consideramos que esta iniciativa vai contra o fomento de mobilidade sostíbel anunciado polo goberno municipal xa que co proxecto de Zona Azul  non se está retirando o tráfico das rúas céntricas da vila nin se están creando zonas peonís, ao contrario, foméntase o movemento de coches e como consecuencia a emisión de gases CO2.  A maiores, a construcción do novo centro sociocultural vai implicar a desaparición de arredor de 80 de prazas de aparcamento, polo que aumentará a problemática de falta de aparcamento polo que o goberno municipal debería centrarse en traballar un proxecto serio para solucionar a falta de aparcamento na vila.
Marín precisa unha ordenación integral para mellorar a súa contorna, creación de rúas humanizadas, dotación de zonas para aparcamento disuasorio fóra do centro urbano e facer de Marín un lugar máis cómodo e atractivo.
 
Fdo. Lucía Santos Omil

No hay comentarios:

Publicar un comentario