miércoles, 9 de noviembre de 2022

MARÍN. FALLECIMIENTO DEL CONCEJAL BENITO G. DOPAZO. DOS DIAS DE LUTO OFICIAL

Comunicado institucional de pésame del Concello de Marín



"A vida é tan dura ás veces que custa crer que sexa real. O noso corazón está de loito polo triste falecemento de Benito González Dopazo, compañeiro de Corporación, veciño, amigo… Unha persoa afable e leal que sempre formará parte da historia de Marín e á que sempre lembraremos.

Todo o noso máis sinceiro apoio á familia e aos achegados de Benito e a todo o grupo de PsDG-PSOE de Marín e, por extensión, de toda Galicia. As apertas nunha serán abondo.
Desde o Concello, convocamos un Pleno extraordinario esta tarde ás 17.00 horas para decretar dous días de loito oficial, mañá e pasado, xornadas nas que se suspenderán todos os actos institucionais e oficiais.
Poñeremos a disposición de todo aquel que o desexe un libro de condolencias na entrada do Concello, desde hoxe pola tarde e durante os próximos dous días. Descanse en paz"

Manuel Pazos Lamoso, concejal portavoz del Grupo Socialista:

"Finalmente non puido ser e faleceu o meu amigo Benito. E digo amigo porque había moitos anos que cruzaras esa liña de ser un simple compañeiro de partido. O fixeches case dende o primeiro día e sen darme conta porque eras unha persoa cariñosa, afable, traballadora, desinteresada e e xenerosa. Realmente excepcional.
Agora sen ti todo vai ser moito máis difícil. Eras a miña guía e o meu apoio e so podo sentir un vacío e unha pena inmensa. So me consuela terche coñecido e que a vida me permitise compartir contigo cientos de momentos".
Grazas por tanto e espérame alá onde estés. DEP

Pésame del BNG Marín
La concejala portavoz del BNG en la Corporación Municipal, Lucia Santos nos remite el siguiente comunicado de pésame:

"Desde o BNG de Marín queremos manifestar a nosa profunda conmoción polo falecemento de Benito González Dopazo, concelleiro do PSOE, esta pasada noite. Marín perde unha persoa excepcional. Lamentamos moitísimo esta noticia.
Desde o BNG de Marín queremos enviar o noso máis sentido pésame a súa familia e ao PSOE marinense, e unha mensaxe de ánimo nestes duros momentos"

Condolencia del Grupo Nogar y Galigrain
El Grupo Nogar y Galigrain hace público un comunicado a través del que trasladan sus condolencias a la familia de Benito González Dopazo. Sus compañeros y compañeras estamos consternados por la pérdida de una persona querida y respetada por todos. Costará acostumbrarnos a la ausencia del que para nosotros será siempre el primer capitán del Xiada y honraremos su memoria siguiendo su ejemplo de bondad, compromiso y dedicación, que ha sido ejemplar durante décadas. Nos ponemos a disposición de su familia y amigos para hacer todo aquello que esté en nuestra mano para apoyarlos".

Pésame del Ateneo Santa Cecilia
Querido Nito, cando aínda non asimilaramos a magnitude do accidente chega a triste nova da túa morte. No Ateneo Santa Cecilia sempre estarás apoiando, participando, dialogando con ese sorriso constante que refrexaba a túa grande humanidade e humildade. Eras un bo e xeneroso! Queremos trasladar a túa familia, amigos/as e compañeiros/as todo o noso afecto e ánimo para superar esta enorme perda. Que a terra che sea leve!

Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo
Dende a nosa Plataforma queremos expresar o noso profundo pesar ante o falecemento, esta madrugada, do noso veciño e colaborador Benito G. Dopazo, Nito "da Carteira", a consecuencia das graves queimaduras que sufriu no incendio das antigas instalacións da Pontesa. Así mesmo, queremos enviar unha cariñosa aperta á súa muller Pilar, aos seus fillos Inés e Martín, e a familiares, amizades e compañeir@s que hoxe choran a súa perda.




No hay comentarios:

Publicar un comentario