miércoles, 2 de noviembre de 2022

MARÍN. TRADICIÓNS. O ÉXITO INDISCUTIBLE DO SAMAÍN DA FINCA DE BRIZ. REMITIDO: CONCELLO DE MARÍN

'Os da Caña' grupo colaborador da organización do Samaín de Marín

"O Samaín Briz, un evento financiado polo Concello de Marín, seguirá sendo un punto de referencia no calendario das festas do outono xa non só para os marinenses, senón para unha gran cantidade de persoas de fóra, que acudiron desde distintos puntos de Galicia e de Portugal"

A noite do Samaín xa ten en Marín un auténtico referente. O Samaín Briz volveu superar todas as expectativas, nunha nova edición que se celebrou na véspera de Todos os Santos e que chegou a rexistrar picos de afluencia de case 6.000 persoas. Desde o Concello, a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, fixo esta mañá unha valoración inicial “moi positiva” do evento, que a pesar da gran asistencia de persoas que recibiu, desenvolveuse con normalidade e sen incidentes. 
“Queremos agradecer enormemente a todas as asociacións e colectivos implicados en que esta festa saia adiante, xunto con todo o voluntariado que participa. Somos conscientes de primeira man de todo o traballo que supón converter Briz nun auténtico parque temático do medo e da diversión e non poderíamos facelo sen o esforzo de todos eles”, subliñou a edil. Estes colectivos engloban á Fundación Juan XXIII, a Comparsa Os da Caña, o alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) e o Club Deportivo La Peña. Sanmartín asegurou que a pesar de todo, “sempre temos marxe de mellora e iso é o que pretendemos, que cada ano a festa cada vez sexa mellor”. 

A finca de Briz viuse invadida por centenares de persoas que acudiron a Marín a disfrutar do Samaín

Por iso, para a semana que vén está convocada unha reunión con todas esas partes implicadas para poder analizar con perspectiva que opcións de mellora pode ter o evento en canto ao itinerario das rutas, a organización dos fluxos de persoas… 
O Samaín Briz, un evento financiado polo Concello, seguirá sendo un punto de referencia no calendario das festas do outono xa non só para os marinenses, senón para unha gran cantidade de persoas de fóra, que acudiron desde distintos puntos de Galicia e de Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario