'O Arco da Vella difumínase entre o ceo gris'. Rúa Méndez Núñez. Autor: C. Becoña.
PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
O profesor Héctor Silveira inaugura hoxe as 'Xornadas Xan Montenegro' cunha charla sobre o profesor e lingüísta Elixio Rivas
MARÍN. 23.11.2022. O Colectivo Monte Pituco de Marín organiza as VI Xornadas
“Xan Montenegro” de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, que
se celebrarán nas datas de hoxe 23 e o 26, baixo o lema “Elixio Rivas, raizame
das palabras”. As actividades previstas sirven de homenaxe o frade paúl falecido
o pasado mes de setembro aos 97 anos, quen foi autor da “Toponimia de Marín”. O
profesor Héctor Silveira (na imaxe), membro correspondente da Real Academia Galega,
participará hoxe ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, nunha charla
na que vai lembrar a figura e o legado do homenaxeado Elixio Rivas Quintas.
OBRAS E INFRAESTRUCTURAS
El BNG propone construir el Parking Subterráneo en un espacio calificado de uso dotacional en las inmediaciones del 'Camiño da Dichosa'
Como alternativa a la propuesta del PP de hacerlo en el Parque Eguren
Zona dentro del círculo donde el BNG propone la construcción del parking subterráneo, en las inmediaciones del Camiño da Dichosa.
ASOCIACIONISMO
O colectivo Espazo Feminista de Marín anuncia a sua disolución "para que novos proxectos poidan crecer..."
MARÍN. 23.11.2022. O Espazo Feminista Marín -fundado en 2017- anuncia nun comunicado o
cesamento oficial da su actividade. “Fai algo máis de 5 anos comezamos na nosa
vila un camiño que non sabiamos como ía transcorrer, pero que tiñamos moitas
ganas de descubrir…. Marín que acolleu as nosas charlas, as nosas actividades e
as nosas propostas e nos axudou a medrar colectiva e individualmente. Temos
moito que agradecer, unha etapa das nosas vidas sempre será do Espazo Feminista
Marín, mais por desgraza, as cousas bonitas tamén teñen que chegar ao seu fin e
chegamos á conclusión de que este espazo ten que descansar e deixar semente en
todas para que novos proxectos poidan crecer”, así explican resumidamente as remitentes no seu escrito a disolución do
colectivo.
CARA A ELECCIONES MUNICPALES
Los socialistas de Marín reeligen a Manuel Pazos Lamoso como candidato a la Alcaldía en los próximos comicios municipales
MARÍN. 23.11.2022. Los socialistas de Marín –PSdG-PSOE- no convocarán
primarias para elegir a su candidato a la Alcaldía en als próximas elecciones
de municipales de mayo 2023 al haber decidido presentar una única precandidatura
que en esta ocasión se ha optado por segunda vez por elegir a Manuel Pazos
Lamoso, concejal portavoz del Grupo Municipal Socialista, que encabezará la
lista. (Leer más)
IMAXES DO DÍA
![]() |
(Clicar sobre la imagen) |
O Ateneo Santa Cecilia, dentro dos actos conmemorativos do seu 70 aniversario fixo onte a entrega dos diplomas de recoñecemento aos socios veteranos homenaxeados pola sua antiguedade colaborando coa entidade, que este ano corresponderon á: María del Carmen Dapena Astor, quen non puido asistir ao evento por motivos de saúde, e aos irmáns Miguel e José Garrido Bonet. Imaxe RF/DP (Leer más)
A comparsa 'Os da Caña' atopánse ensaiando con vistas o vindeiro carnaval que no próximo ano dará comenzo no sábado 18 de febreiro. A comparsa non oculta a gañas de sair a rúa despois de dous anos 'paralizados'' pola pandemia. O colorido, o humor e o ritmo de samba, a que xa nos teñen acostumbrados os seus compoñentes, volverá a alegrar ruas e prazas de Marín e de outros concellos desde donde e reclamada a súa presenza para animar o entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario