Outras cuestións que o BNG non pode pasar por alto son, por unha banda, a inclusión na programación da xura de bandeira e entrega de despachos na Escola Naval Militar o día 16, día do Carme, un acto que non é accesible ao público xeral. Pola outra, un ano máis, a alcaldesa e varios concelleiros e concelleiras asistiron a actos relixiosos en calidade de cargos públicos. O BNG entende que poden facelo a título persoal por crenzas ou interese cultural, pero nunca de forma institucional conforme ao carácter aconfesional da sociedade que recolle o ordenamento xurídico.
Os fogos de artificio que tradicionalmente son o broche de ouro das festas, recibiron críticas pola súa reducida duración e calidade, así como pola elección dunha nova ubicación que afectou negativamente a súa visibilidade. Este aspecto foi especialmente decepcionante para as persoas asistentes que esperaban un final máis impactante.
En definitiva, o BNG considera que o éxito das Festas do Carme non debería medirse unicamente pola afluencia de público, senón pola calidade e diversidade das actividades ofrecidas. As festas deste ano careceron de innovación e sufriron unha redución de duración, o que decepcionou a moitos veciños e veciñas. A inclusión de actos non accesibles ao público xeral e a participación institucional en eventos relixiosos subliñan a necesidade dunha planificación máis inclusiva e transparente. O BNG insta ao goberno local a revisar e mellorar a organización das futuras celebracións para garantir que reflictan mellor o espírito e as expectativas da comunidade."
Bloque
Nacionalista Galego.
Marín,
24 de Xullo do 2024.
Entiendo que las fiestas del Carmen, este año,para mi han sido decepcionantes, pero que venga los representantes, en este caso su portavoz, del BNG, es de traca, ya que cuando ellos estuvieron gobernando las fiestas en mi opinión eran esperpenticas
ResponderEliminarLibrenos deus de que vos toque organizarlas a vos ...
ResponderEliminar