viernes, 21 de febrero de 2025

MARÍN. O COLEXIO CARBALLAL SEDE DA CLAUSURA DO PROXECTO '21 DIAS CO GALEGO 2025' (HOXE ÁS 12.00h)

"Un ano máis o programa '21 días co galego...'  deu por cumplida a súa finalidade de promover o uso do galego oral entre a xente nova"


MARÍN., 21.02.2025. Hoxe terá lugar a clausura oficial do proxecto '21 días co galego e + 2025' promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Formaciòn Profesional  e Universidade da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Politica Lingüística que contou coa participación de dez colexios de toda Galicia, entre os que figuran os centros educativos marinenses, CEIP Sequelo e o CEIP Carballal-Viñas Blancas. O acto terá lugar a partir das 12.00h do mediodía no colegio Carballal coa asistencia de autoridades, alcaldesa e concelleiros do Concello de Marín, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ademáis dos representantes dos dous colexios de Marín e dos outros oito que neste caso o farán por medio de videoconferencia. 
Según se desprende do resultado exitoso da séptima edición do proxecto, unha vez máis o programa deu por cumplida a súa finalidade de impulsar o uso do galego oral entre a xente nova. (Leer máis información)

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario