sábado, 17 de mayo de 2025

MARÍN. DIA DAS LETRAS GALEGAS. UNHA PEQUENA HISTORIA PARA UN DÍA GRANDE

Marín únese a celebración cun acto institucional e entrega do Premio Narración Curta (Hoxe ás 13.00h na Igrexa Vella)


Desde o ano 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica este día a un autor/a diferente de Galicia, homenaxeando as súas obras e persoa. A iniciativa naceu baixo a idea de tres membros da Real Academia Galega: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, que presentaron unha proposta para establecer o 17 de maio como o día para destacar a riqueza literaria galega de Galicia o mesmo tempo que se homenaxeaba a Rosalía de Castro, pois nesta de 1963 cumpriase un centenar de anos desde a publicación de Cantares Gallegos (1863). A primeira personalidade homenaxeada foi precisamente Rosalía de Castro pola súa obra Cantares Gallegos, o primeiro gran libro impreso integramente en galego que “valora a lingua e a cultura de Galicia, loita contra os estereotipos da época sobre ser muller e escribe en galego. Rosalía de Castro marcou o cambio das aspiracións culturais e feministas en Galicia co inicio dunha nova corrente cultural coñecida como Rexurdimento”.
Este ano o O Día das Letras Galegas 2025, está dedicado á poesía popular oral, segundo decidiu a Real Academia Galega co obxectivo de honrar a aquelas mulleres que dedicaron a súa vida para poñer en valor a música tradicional galega, utilizando a súa voz e as pandeiretas como principais acompañamentos musicais.

Povos e cidades de Galicia celebran hoxe, festividade oficial en toda a comunidade, o Dia das Letras Galegas con unha gran diversidade de actos culturais, como e o caso de Marín onde terá lugar o acto institucional e entrega do XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Marín ás 13.00h na Igrexa Vella. A galadora neste ano foi a escritora e poeta galega, a viguesa Nuria Vilán Prado coa su obra ‘Unha vida tranquila’.

No hay comentarios:

Publicar un comentario