O alumnado senior da Escola
Profesional do Alto Lima visitou Marín da man da Asociación Youth Neet
Solutions, que promove o profesor do IFP Chan do Monte, Xose Manuel Portela. Os compoñentes do grupo foron
recibidos no Concello pola alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de
Educación, Marián Sanmartín, desexándolles unha feliz estancia. Na súa visita coñeceron
a Finca de Briz, o Lago Castiñeias, as nosas praias e petróglifos de Mogor, e a
Praza de Abastos.
O Concello de Marín renovou o
convenio anual coa Asociación de Comerciantes ‘Estrela de Marin’ mantendo a
subvención de 4.000 euros destinada
a fortalecer as campañas de dinamización comercial do colectivo. A concelleira
de Comercio, Cristina Acuña,
e a presidenta da asociación, Catalina Conde,
asinaron o convenio, concretando os gastos subvencionables. O Goberno Local
destaca o labor que Estrela de Marín está a desenvolver no ámbito autonómico, como
exemplificou a campaña Escaparate Estrela.
O presidente da Deputación de
Pontevedra, Luis López, presentou o contido do Orzamento para o vindeiro ano
2026 acto o que asistiu a alcaldesa de Marin, María Ramallo, na súa condición de
membro da Xunta de Goberno do ente provincial. O documento recolle unha partida
para atender unha nova convocatoria do Plan Provincia a repartior entre cerca
de sesenta municipios de menos de 50.000 habitantes, como é o caso de Marín.
 



No hay comentarios:
Publicar un comentario