"A vista dos datos é evidente que Marín precisa con urxencia un
cambio de rumbo"
O censo de poboación baixa dos 24.000 habitantes tras perder máis dun cento nun só ano
O BNG de Marín, ante os
últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) respecto os datos de
población do municipio, alerta dunha situación demográfica moi preocupante que
require unha reacción inmediata.
Según a citada estadística e
incluso a do Instituto Galego de Estadistica (IGE) o concello de Marín baixa
dos 24.000 habitantes tras perder 113 persoas nun só ano e acumula unha caída
de 1.888 “desde que o PP asumiu o goberno municipal.”
“Trátase dun descenso superior
o sete por cento que sitúa a Marín entre os concellos galegos con peor evolución
poboacional da última década sendo hoxe o terceiro municipio de Galicia que
máis poboación perde”, según sostén a voceira do Grupo Municipal Nacionalista,
Lucia Samtos, quemn afirma tamén que “Marín figura entre os cinco concellos cun
retroceso demográfico máis acusado, só superado por Fene, Redondela, Guitiriz e
A Fonsagrada. Todo isto coloca a Marín en mínimos históricos que non se
rexistraban desde hai case corenta anos.”
Segundo os últimos datos
oficiais publicados, segue afirmando Lucia Santos “a perda continua de
poboación en Marín prodúcese nun contexto no que o concello presenta varias
debilidades estruturais que cómpre abordar: Ademais dun saldo vexetativo moi
negativo e dunha poboación moi envellecida, Marín conta cun tecido produtivo
feble: 1.325 empresas, case todas microempresas e cunha presenza mínima de
compañías medianas e ningunha de gran dimensión. Isto reflicte unha escasa
diversificación económica e unha capacidade limitada para xerar emprego
estable.” (Leer información ampliada)

No hay comentarios:
Publicar un comentario