O Grupo Municipal Nacionalista alerta no Pleno do deterioro xeneralizado da rede viaria do municipio
A concelleira Lucía Santos reclama, como portavoz do BNG "unha avaliación técnica completa do estado do
firme e a posta en marcha dun plan integral de actuación con prioridades claras"
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levou ao pleno
municipal do pasado xoves a situación do estado dos viais en Marín, denunciando
o “deterioro xeneralizado en numerosas rúas e estradas do concello”. O Grupo Nacionalista reclamou ao goberno local do PP
“que afronte esta problemática de maneira seria e planificada xa que son múltiples as vías en mal estado,
independentemente da súa titularidade -estatal, autonómica, provincial ou
municipal-, polo que considera que o executivo local non pode mirar para outro lado ante unha situación que afecta
á seguridade viaria e ao día a día da veciñanza.”
Lucia Santos puxo como exemplo rúas recentemente
asfaltadas como Concepción Arenal, a Avenida de Ourense ou a rúa do Forte, onde
— segundo sinalou — xa se detectan fochancas e deformacións.” O
listado de vías afectadas inclúe tamén ás rúas: Ezequiel Massoni, Recamán
(subida a cemiterio). Vidal Pazos, Tiro Naval Janer (antigua rúa do Baño)
Méndez Núñez e José del Río, así como vaias estradas das parroquias. (Leer información ampliada)

No hay comentarios:
Publicar un comentario