viernes, 13 de febrero de 2026

MARÍN. AÑO PREELECTORAL. TEMA: TERRENOS PARA RESIDENCIA DE MAIORES. ARGUMENTARIO DEL PP SOBRE SU 'NO' A LA PROPUESTA SOCIALISTA

El concejal teniente alcalde, Manuel Santos Costas, nos remite como 'aclaración' a nuestra información sobre el voto negativo del PP a la propuesta del PSOE de gestionar suelo para la construcción de una Residencia de Maiores en Marín, el contenido del argumentario con el que justificaron su NO a la propuesta en el Pleno:

"As políticas sociais, e especialmente as que afectan aos nosos maiores, non poden facerse a base de titulares nin de xestos políticos..."
"Senón con planificación, seriedade e responsabilidade"

Manuel Santos Costas defendió en el Pleno el NO del PP a la propuesta socialista

"Quero comezar deixando clara unha cuestión fundamental: o Partido Popular de Marín comparte a preocupación pola atención aos nosos maiores. Ninguén nesta Corporación pode ser alleo ao envellecemento da poboación nin á necesidade de reforzar os recursos sociosanitarios. Nisto non hai debate.
Pero precisamente pola importancia do asunto, non podemos apoiar unha moción que simplifica en exceso un proceso que é extraordinariamente complexo, tanto desde o punto de vista xurídico como urbanístico, económico e competencial. Esta moción formula dúas alternativas aparentemente sinxelas: Ou ben reservar unha parcela dentro dun Proxecto de Interes Autonómico, ou ben que o Concello adquira directamente terreos para unha futura residencia. E o que debemos dicir con claridade é que ningunha das dúas opcións depende unicamente da vontade política deste Pleno.
En primeiro lugar, o Proxecto de Interese Autonómico é un instrumento que corresponde exclusivamente á Xunta de Galicia, tanto na súa definición como no seu alcance. O Concello non decide nin impón usos concretos, nin superficies, nin equipamentos dentro dun PIA. Pretender que este Pleno acorde “incorporar” unha residencia dentro dese proxecto é, sendo claros, xerar unha expectativa que non está nas nosas mans cumprir.
Ademais, estes proxectos responden a unha planificación integral do territorio, con criterios técnicos, de mobilidade, de servizos, de viabilidade económica e de equilibrio urbanístico. Introducir un equipamento desta magnitude —unha residencia de entre 140 e 160 prazas— non é unha decisión menor, nin inmediata, nin automática.
En segundo lugar, a alternativa de que o Concello adquira terreos tampouco é tan simple como se formula. Mercar solo público hoxe implica: Dispoñibilidade orzamentaria real, informes de intervención, valoración técnica do solo, análise urbanística do uso dotacional, e posteriormente, a garantía de que o solo será efectivamente utilizado. Porque temos que ser honestos coa veciñanza: adquirir terreos non garante a construción dunha residencia.
As residencias públicas non as constrúen os concellos; planifícaas, finánciaas e execútaas a Xunta de Galicia dentro da súa rede de servizos sociais, en función de criterios obxectivos e de planificación autonómica.

E aquí está un dos principais problemas desta moción: confunde competencias e traslada ao Concello unha responsabilidade que non lle corresponde, co risco de xerar frustración social se despois o proxecto non se materializa. Desde o Partido Popular defendemos unha forma distinta de actuar, rigurosa, coordinada e realista. Isto pasa por seguir traballando en colaboración institucional coa Xunta de Galicia, analizar técnicamente as posibilidades reais do municipio, e non adoptar acordos plenarios que non teñen eficacia xurídica nin capacidade executiva.


Por todo isto, non podemos apoiar esta moción tal e como está formulada. Non porque non compartamos o obxectivo, senón porque non compartimos o método, nin a simplificación dun proceso que esixe rigor, coordinación administrativa e respecto ás competencias de cada administración. Non se lle pode achacar a este equipo de governo que non se preste atención aos nosos maiores, senon todo o contrario, durante anos, traballamos para conseguir un centro de día público, primeiro xestionamos ante a Tesorería Xeral da Seguridad Social a cesión da primeira planta da Antigua Casa do Mar, e despois executamos o proxecto de reforma de dita planta cun investimento de máis de 400.000.-€, cofinanciado o 70% por parte da Xunta de Galicia. E a día de hoxe xa levamos máis de 2 anos de funcionamento de dito Centro, sendo ademáis un referente na atención dos nosos maiores.
E ademáis disto cofinanciamos parte do custo das plazas dos veciños de Marín que fan uso deste Centro de día, ademáis de cofinanciar o custo do Servicio de Asistencia no Fogar no noso concello.
Polo tanto, non se nos pode recriminar nada de que non nos acordemos dos nosos maiores, senon que son unha parte importantísima da nosa acción de governo.
O Partido Popular seguirá defendendo solucións reais, viables e responsables para Marín e para os nosos maiores, sen crear falsas expectativas e con lealdade institucional.
Creo que xa demos argumentos suficientes que xustifican o noso sentido do voto.
A realidade que cando vostede fala das 24 Residencias que pretende construir a Xunta de Galica, temos que decir como ben saben, que polo menos en Marín, si temos xa unha residencia de maiores pública.
Se na actualidade existen máis de 300 concellos, e Marín xa ten polo menos unha, entendemos tamén aos concellos que non teñen ningunha, que poidan optar a algunha.
Pero o que sí e certo é que nós xa manifestamos á Xunta de Galicia o noso interese en poder optar á construcción dalgún deses centros de maiores que se pretenden construir
Por certo, recordarlles tamén que agora mesmo, a Xunta de Galicia está executando unhas obras de reforma e melloras na nosa residencia de Marín, investindo máis de 1,5 millóns de euros, polo tanto se ve claramente o interés e a atención aos maiores que ten a Xunta de Galicia en Marín.

Independente de que non apoiemos esta moción, insisto que seguiremos traballando no coidado dos nosos maiores, e que seguiremos tratando de conseguir dotar no noso concello dunha nova residencia da Terceira idade, pública ou privada, como acordamos fai uns anos con motive da moción presentada nese momento polo Partido socialista.
O faremos tanto a través do PIA ou a través doutras xestións que podamos levar adiante desde este equipo de governo. Pero dende logo é complicado que agora mesmo poidamos asumir a compra duns terreos de máis de 5.000 metros como piden vostedes, cando queremos comprar tamén terreos para vivenda, ou cando tamén nos piden que compremos os terreos nos que temos ou podemos valorar ter novos estacionamentos disuasorios.
Dende logo, todas as políticas que nos afectan, hai que tratalas con realismo e dacordo coas nosas posibilidades, polo tanto temos que facelo con planificación, seriedade e responsabilidade, que é o que vimos facendo ata o de agora."

VER ENLACE INFORMACIÓN RELACIONADA


No hay comentarios:

Publicar un comentario