martes, 2 de junio de 2026

MARÍN. OPINIÓN. "SEGUIMOS TRABALLANDO NA DEFENSA DA SALUBRIDADE DOS VECIÑOS...". PLATAFORMA VECIÑAL SAN XULIÁN


“Ante a noticia dos informes desfavorables a petición de Urbaser, opinamos, que é unha boa noticia pero de momento non hai nada asegurado. Os técnicos do Concello informaron negativamente os permisos, e a Xunta de Goberno ratificouno coa sua votación, pero agora hai que saber se a empresa ten algunha intención de presentar alegacións, ou recurrir ditos informes, porqué teñen un plazo de dous meses, por lei , para recurrir, ir a Contencioso ou presentar novas solicitudes.

Nós seguimos e seguiremos traballando para defender a salubridade dos veciños. A planta de Urbaser ten que continuar nun polígono industrial, e non no medio das casas.

Ó que pretenden facer na Canteira de Pardavila, colocar un garaxe e lavado de camións, lavado de contenedores, taller, punto limpio, oficinas, vestiarios e aula de medioambiente é unha industria de titularidade privada que non se pode facer nun solo rústico de uso dotacional.

A maiores nós pedimos de que sexan conscientes de que se ven perxudicadas as vivendas próximas, e en xeral todos os veciños da contorna, ruídos día e noite, cheiros, acumulación de lixo, augas contaminadas, ratas, moscas…. e non estamos dispostos a consentilo, non imos parar ata que esta sexa unha decisión firme e definitiva. Seguimos recollendo firmas e agradecemos a todos os veciños de Marín e a xente de fora da contorna de Marín todo o seu apoio.”

Fdo. Rosana Pequeño García
Rpte. Plataforma Veciñal San Xulián
Marín, 02.06.2026

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario