lunes, 4 de noviembre de 2024

MARÍN. SOLIDARIDADE. EXITOSA RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS POBOS AFECTADOS POLA DANA

Recinto de recollida no Multiusos que se fixo pequeno para tanta axuda recibida. Foto: CN/CM

MARÍN. 04.11.2024. A xornada de recollida de productos, organizada polo Concello de Marín, para pobos de Valencia afectados polo DANA rematou con unha demostración de solidariedade e a donación dun aluvión de productos alimentecios non perecederos así como de outros productos de primeira necesidade, como roupas, articulos de limpeza, etc. O acto de recollida foi toda unha demostración de apoio e axuda dos marinensses aos pobos damnificados. O Concello de Marín da as grazas a todas aquelas persoas y colectivos que viñeron poñer o seu gran de area e que participaron na recollida.


Outro dos punto donde tamén se recolleron alimentos baixo a iniciativa de Nuria Fernández Segarra, no seu garaxe, esquina de Jaime Janer coa rúa do Busto de Abaixo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario