Gaspar Bernárdez: "Ao parecer hai informes fitopatolóxicos que recomendaban esta corta, ¿onde están, que poñen? Dígannos que fungo é o que obriga a cortar as arbores, por favor..."
Amo o Lago de Castiñeiras e toda a súa contorna. Desde moi pequeno lembro subir algún domingo, cando o meu pai estaba en terra, e quedar fascinado coa visión daquelas grandes árbores que desde a Cruz de Maceira rodeaban a estrada ata chegar o Lago de Castiñeiras. As gaiolas cos cervos e os gamos (que hoxe non sería capaz de gozar con aquela mirada inocente), asar o churrasco ou comer unha empanada e gozar dun día máxico naquel fermoso lugar.
Co paso dos anos conservo a mesma paixón por ese lugar, e ao mesmo tempo aprendín que a historia forestal de Galiza, a nosa historia, agocha en Castiñeiras unha parte fundamental da súa razón de ser.
A comezos do século XX os montes costeiros de Galicia atopábanse deforestados, case por completo, xa que os sistemas de aproveitamento (pastoreo, rozas, estivadas...) e as necesidades de madeira e outros produtos recollidos no monte (esquilmes, leñas......) debuxaban unha paisaxe na que abundaban os terreos sen árbores, dedicados ao pastoreo, acompañado, en moitos casos, nas épocas nas que o gando non se atopaba no monte, polo aproveitamento da matogueira para cama para o gando e posterior esterco para as hortas e veigas.
No primeiro cuarto do século XX as políticas de reforestación levadas a cabo pola Deputación de Pontevedra, dirixida naquela época por Daniel de la Sota, asesorado polo enxeñeiro de montes Rafael Areses, levaron a comezar distintos traballos de plantacións forestais destinadas a cubrir de árbores os desérticos montes do Morrazo, plantando na maior parte dos casos piñeiros do país (Pinus pinaster), no marco dun proxecto que eles mesmos denominaron “La Reforestación de Pontevedra”. Os primeiros piñeiros foron plantados en Cotorredondo o 3 de xaneiro de 1927, na primeira fase deste gran proxecto que pretendía reforestar os despoboados montes da provincia. Na segunda fase, e coa finalidade de levar as plantas desde o viveiro de Figueirido ata os montes de Domaio, construíuse a estrada que deu lugar á creación do Lago de Castiñeiras. Trátase, por tanto, dun lago artificial creado a comezos da década dos anos 50 do século pasado.
Na actualidade o parque que o rodea alberga un amplo elenco de especies forestais dos máis afastados confíns do mundo. A maior parte destas plantas chegaron desde o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (Pontevedra) e do Viveiro Central de Areas (Tui) e serviron para estudar o crecemento destas especies nos montes galegos. Moitas destas árbores transformáronse en exemplares únicos na xeografía galaica e fan do conxunto un lugar de obrigada visita para os turistas amantes da natureza que se achegan a Pontevedra e ás praias das Rías Baixas, así como unha referencia para as persoas que coñecen este emblemático enclave.
O conxunto complétase con unha excelente colección de árbores que nalgúns casos están próximos a un século de existencia. Destacan os piñeiros, con seis especies diferentes (Pinus pinaster, P. radiata, P. strobus, P. sylvestris, P. pinea e P. patula), os cedros (Cedrus deodara e C. atlantica), os cipreses (Cupressus lusitanica e C. macrocarpa), os falsos cipreses (Chamaecyparis lawsoniana, Ch. Pisifera ´Squarrosa´ e Ch. pisifera ´Plumosa´), as tuias (Thuja plicata), os cipreses calvos (Taxodium distichum), as tsugas do Canadá (Tsuga canadensis) ou os alerces (Larix x marchlinsii) entre outras especies.

Desde que rematou a ditadura do réxime ata fai aproximadamente 10 anos o espazo, que pertence a catro comunidades de montes, foi xestionado pola Xunta de Galicia, ata que unha vez rematado o convenio, a xestión volveu a mans dos seus propietarios, as comunidades de montes. Neste tempo téñense acometido distintas iniciativas para a posta en valor e a protección deste singular espazo.
Deste xeito, algunhas iniciativas tiveron éxito ou leváronse a cabo, como a construción de novos asadoiros ou a instalación de parques infantís, mentres que outras non chegaron a materializarse, como a creación dun xardín botánico e arboreto, a declaración de ENIL (Espazo Natural de Interese Local), ou a inclusión de algunhas árbores no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. É triste que todas as que fracasaron foran as destinadas a conservar e aumentar o valor natural do espazo, sen embargo parecía ter unha connotación positiva, tódolos actores implicados (comunidades de montes e concello) parecían recoñecer o valor natural deste espazo, e incluso apostar por el.
Lamentablemente este conto parece non ter final feliz, desde a devolución por parte da Xunta de Galicia dos terreos asistimos con tristeza a unha agresión detrás de outra. Os piñeiros que Areses e de la Sota plantaron en 1927, os primeiros do proxecto de reforestación de Pontevedra, eses cuxas copas de tocaban coas mans desde os pisos máis altos do Miradoiro de Cotorredondo, foron cortados despois da devolución por parte da Xunta. É verdade que estes exemplares non se atopaban na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián, pero que hai dos grandes cipreses de Monterrei que estaban entre a entrada do antigo centro de recuperación de Fauna e os baños públicos, de máis de un metro de diámetro (os tocos aínda permanecen alí para miralos)??, tamén foron cortados nos últimos anos, ao igual que os grandes Chamaecyparis pisifera ´Squarrosa´ a carón da fonte de pedra, quizais os máis grandes de Galiza da súa especie, ou o rodal (bosquete) de roble americano na entrada do lago, árbores plantados a mediados do pasado século.... é unha conta que non parece ter final.
En xullo do pasado verán, paseando por Castiñeiras decateime que enriba do parque infantil había TRES piñeiros secos, polo que dei aviso para que os foran cortar. Porque si, amo as árbores, pero despois de moitos anos como consultor en arboricultura entendo cando o risco para as persoas non é asumible e unha árbore debe ser cortada. A miña sorpresa foi cando unha semana despois volvín ao lugar para admirar como 18 piñeiros foran cortados, aínda agora non alcanzo a entender...18, é incrible!. A todo isto, están tan pendentes da seguridade das persoas que tres piñeiros de máis de 20 metros de altura, mortos sobre o parque infantil non chamaron a súa atención. Non eran piñeiros calquera, trátase do piñeiro de Lord Weymouth ou Piñeiro prateado do Canadá (Pinus strobus), que procedían do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e foran plantados na década dos anos 50 do pasado século. E si, eran os exemplares de maiores dimensións e idade de Galiza, ata o punto que fai poucos anos foran propostos para o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. Agora asistimos atónitos á nova agresión arbórea que está a ter lugar. A aliñación de tuias de Areses, esa pantalla de árbores que desde fai máis de 60 anos medraba sen problemas, e sobre todo sen dar problemas fronte a casa do antigo garda está a ser cortada. Nesa aliñación había exemplares da talla da Tuia do Pazo de Torres de Agrelo (Redondela), incluída no catálogo galego, ou o exemplar diante da Casa Forestal do Monte Aloia (Tui), exemplar que tamén plantou Areses.

Dentro da casa do antigo garda xunto a un tulipeiro de Virxinia xigantesco había outro exemplar moi moi destacado, tratábase dunha cuningamia (Cunninghamia lanceolata), con máis dun metro de diámetro, e sen dúbidas entre os exemplares máis notables de Galiza, hoxe en toradas, nun montón de cadáveres históricos na estrada que vai a Cadro.
Non chego a entender como unha comunidade de montes que xestiona máis de 300 hectáreas precisa cortar árbores históricas nun parque periurbano, nun lugar histórico, por todo o relatado e por todas e cada unha das vivencias e recordos que todas e todos os que visitamos o lago conservamos no noso interior.
Ao parecer hai informes fitopatolóxicos que recomendaban esta corta, onde están?? Que poñen? Díganos que fungo é o que obriga a cortar as arbores, por favor. E sobre todo, os piñeiros cortados en xullo, os cipreses ou os Chamaecyparis fronte o Centro de Recuperación de Fauna, todas as árbores cortadas nestes últimos anos na contorna do Lago de Castiñeiras tamén estaban enfermos? difícil de crer.
J . Gaspar Bernárdez Villegas

Amante das árbores, veciño de Marín, Doutor en Investigación Agraria e Forestal
Canta razón en todo o que dis...inexplicable a mala xestión que se leva a cabo. Xa non hai volta atrás pero espero que poñendo en coñecemento a importancia destas árbores sirva para protexer as que
ResponderEliminaraínda quedan...pois si, en un entorno importante que moitos de nós levamos disfrutando desde nenos.
Gracias por dar voz e visibilidade ao que moitos pensamos
ResponderEliminarTantos anos para chegar a esa exemplaridade e só uns minutos cunha motoserra e adeus a grandes seres vivos.. 'por un puñado de dolares' ..sen criterio, sen razón..
ResponderEliminarGrazas, Gaspar, por dar luz nestes momentos de escuridade, onde a ignorancia campea sen control e a máis absurda autoxenreira rixe as decisións de quen mellor estaría adicándose a outros menesteres … qué país e qué “paisanaxe”
ResponderEliminarGrazas, Gaspar, por dar luz nesta escuridade na que deciden ignorantes de elevada e absurda autoxenreira …
ResponderEliminarBravo doctor, defiendes el patrinomio de todos, aplausos y abrazos por tu valentía y conocimientos a lo tuyo.
ResponderEliminarEsto e unha desfeita! que alguém lle quite o mando a esa puñetera directiva que non ten idea de nada… Que lles fagan unha auditoria. Comuneirxs de San Xulian tendelo sangue mesclado coa merda…
ResponderEliminarA actuación por parte da CCMM de San Xulián é cómo si nos escupirán na cara. Nas toradas apiladas non se aprecia ningunha señal de ataque por fungos, están ahí....e pódense ir mirar. A madeira mirase ben saludable. Dudo de que existan informes fitopatoloxicos que xustifiquen tal agresión. O que si existe e está ben probada é a pésima xestión do monte por parte da CCMM de San Xulián, a súa falta de miras e a completa falta de respeto non so do patrimonio vexetal do Lago de Castiñeiras senón tamén de cara a toda xente que visita e aprecia o lugar. Si a CCMM de San Xulián estivera ao cargo da Catedral de Santiago, que como as Tuias que cortaron é patrimonio de todos, a estas alturas xa estaría derruída e formando parte de muros de contención. Non teñen vergonza, e sobralle irracionalidade ignorancia e egoísmo miserento.
ResponderEliminarContestó como los políticos. En un medio afín (cuando podía haberlo hecho perfectamente aquí) y basándose en informes que no enseña (no existen, probablemente, o los están preparando).
ResponderEliminarSi “rascáis” un poquito en el personaje me juego lo que sea a qué pertenece o es simpatizante de algún partido. No conozco al presidente ese, pero responde a un perfil perfectamente reconocible.
No va a enseñar nada. El es el dueño de todo el monte que está bajo la tutela de esa “comunidad “ y no va a ofrecer explicaciones. Es su monte y así está.
Lo van a explotar económicamente para sus intereses y si algún día arde, por el lamentable estado en el que se encuentra, tendrán que ir a a pagárselo con nuestros impuestos (los de los que no estamos en la “comunidad “).
El daño ya es irreversible y así seguirán mientras se lo permitan.
Nunca entendí para que sirven las comunidades De Montes. Para construir mausoleos a los que ponen un cartel fuera “casa de la cultura” o algo similar? En las que la “cultura” ya se ve cual es.
Vivimos en un país cuando menos “extraño”
As comunidades de montes son unha mafia, só hai duas ou tres excepcións en toda Galiza.
ResponderEliminarDende logo e moi triste que nunha paraxe tan emblemática e de tanta riqueza estén a acontecer estes sacrificios deliberados. Non sería de extrañar debido a algún plan para replantexar a contorno pero non precisamente con mais arboleda. So dexeso que non vaya a mais
ResponderEliminarMagnífica crónica Gaspar, pero finais lamentables.
ResponderEliminarBoas dottore,
ResponderEliminarEstá claro o terrible atentado que cometeron e seguirán cometendo as Comunidades de Montes. pero, a Xunta, despois de tantos anos xetionando o parque, non tivo maneira de darlle unha protección a tanto patrimonio? Non me cabe na cabeza tanto pasotismo.
Gracias dottore por abrirnos os ollos e alertarnos estás desfeitas.
O q ocorre no lago castiñeiras (ccmm San Xulián, Marín, é reflexo do q pasa en moitas outras comunidades.. espacios de altísimo valor medioambiental, ecolóxico e social en mans de xente que non entenden o monte e que, lonxe de asesorarse debidamente, o deixa en mans de Corsarios que non fan xusticia do q supostamente estudamos na carreira q, en teoría, busca a xestión dos montes.. porque para poñer eucaliptos ou pinos a 3x3 non fai falla estudar ninghua carreira..
ResponderEliminarE todo isto faime pensar outro detalle..
ResponderEliminarUna ccmm como San Xulián, que recibe cartos da Brilat, polo uso do seu monte, que conta con algo mais d 300ha de eucaliptos e piñeiros, con sucesivas cortas e replantacións.. onde van todos esos cartos..??
Porque na parroquia non se perciben melloras para as veciñas, nin se habilitan espazos no monte para o disfrute ou o aproveitamento de recursos...
Lamentable lo que están haciendo con el lago de castiñeiras
ResponderEliminarNo es lo de hace décadas atrás
Todo es sacar...tirar y destruir
Grazas Gaspar !!! Fillos de ....os que antepoñen os cartos a nosa riqueza ambiental.Auditoria para todos eles xa!!!!!
ResponderEliminarBravo Gaspi!!!
ResponderEliminarSeguramente a estas alturas a directiva da CCMM de San Xulian debe de estar a rirse dos comentarios frutos da indignacion pola corta das Tuias no Lago de Castiñeiras, tal e o desprecio que deben de sentir polo lugar e a xente que o habita. E ainda e peor...porque seguramente, solo por joder a xente que non comulga con eles, xa deben de estar a elexir cales seran os seguintes arboles do Lago de Castiñeiras sentenciados a morte. Chamarlles prehistoricos seria atribuirlle cualidades que non teñen, como por exemplo capacidade intelectual ou sentimentos. Si existe o eslabon perdido....xa se sabe donde topalo: CCMM de San Xulian. FORA DOS NOSOS MONTES!
ResponderEliminarbravo Gaspar, un gusto sempre leerte… inda ke sexa para estás tristes novas🥲 . Graciñas por informarnos dos montes!!🙏🙏🙏🥰
ResponderEliminarBravo Gaspar!! Un gusto leerte inda ke sexa con tan tristes novas, ou non tan novas.. por desgracia…Gracias por la info🙏🙏🙏☺️🥰
ResponderEliminarGrazas, doutor Bernárdez por informar desta desfeita... Unha gran perda de memoria e natureza onde os cartos na màn valen mais que a vida futura.... Temos que exixir Unha directiva con conciencia, ética e valorizar o tesouro do Lago Castiñeiras e os nosos montes, pulmóns do planeta... Sigue loitando e que saibas que tes o noso apoio.... Querémoste de Presidente da Comunidades de Montes !!!
ResponderEliminarO Lago de Castiñeiras, lugar esencial da nosa xuventude, lugar de esparcimento e de compartir coa familia e amigos días maravillosos. Eses son os recordos que teño do Lago. Vivo fóra de Marín hai 28 anos, e sempre que me preguntan é un lugar que recomendo á xente que visita o Morrazo. As miñas últimas visitas fixéronme ver que non se coida como debería. Espero que estes piratas da ccmm de San Xulián se dean conta de que O Lago non é propiedade deles senón de tódolos marinenses e pola súa riqueza de tódolos que o visitan.
ResponderEliminarProhibiron asar polo risco de incendios pero o risco está nos albardados que dirixen a comunidade de montes.
Saúdos dun veciño de San Xulián na Coruña.
Que desfeita, canta ignorancia! Grazas Gaspar por informar de este ataque ao noso patrimonio forestal. Ogallá a publicación e os comentarios neste blog servan para que non se tale ningún exemplar máis nun lugar tan especial
ResponderEliminar