O Bloque Nacionalista Galego
(BNG) de Marín organiza HOXE DOMINGO unha homenaxe a Rosalía de Castro o con
motivo do aniversario do seu nacemento. O evento desenvolverase na Alameda
Rosalía de Castro a partir das 18:30h e incluirá unha serie de actividades
culturais para lembrar e por en valor a figura da escritora. O acto iniciarase
cunha ofrenda floral, seguida da lectura dalgúns dos seus poemas máis
representativos. Ademais, a homenaxe contará coa actuación do grupo de
pandeireteiras de A Veiguiña, que achegará a tradición musical galega ao evento. Como parte fundamental desta
celebración, os asistentes poderán degustar o tradicional "Caldo de
Gloria", inspirado no poema homónimo de Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario