domingo, 23 de febrero de 2025

MARÍN. AXENDA DO DÍA. POESIA E 'CALDO DE GLORIA' EN HOMENAXE A ROSALÍA (HOXE ÁS 18.30h NA ALAMEDA)



O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín organiza HOXE DOMINGO unha homenaxe a Rosalía de Castro o con motivo do aniversario do seu nacemento. O evento desenvolverase na Alameda Rosalía de Castro a partir das 18:30h e incluirá unha serie de actividades culturais para lembrar e por en valor a figura da escritora. O acto iniciarase cunha ofrenda floral, seguida da lectura dalgúns dos seus poemas máis representativos. Ademais, a homenaxe contará coa actuación do grupo de pandeireteiras de A Veiguiña, que achegará a tradición musical galega ao evento.  Como parte fundamental desta celebración, os asistentes poderán degustar o tradicional "Caldo de Gloria", inspirado no poema homónimo de Rosalía de Castro.

Clicar sobre la imagen para leer con mayor nitidez. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario