Nós seguimos e seguiremos
traballando para defender a salubridade dos veciños. A planta de Urbaser ten
que continuar nun polígono industrial, e non no medio das casas.
Ó que pretenden facer na
Canteira de Pardavila, colocar un garaxe e lavado de camións, lavado de
contenedores, taller, punto limpio, oficinas, vestiarios e aula de
medioambiente é unha industria de titularidade privada que non se pode facer
nun solo rústico de uso dotacional.
A maiores nós pedimos de que
sexan conscientes de que se ven perxudicadas as vivendas próximas, e en xeral
todos os veciños da contorna, ruídos día e noite, cheiros, acumulación de lixo,
augas contaminadas, ratas, moscas…. e non estamos dispostos a consentilo, non
imos parar ata que esta sexa unha decisión firme e definitiva. Seguimos
recollendo firmas e agradecemos a todos os veciños de Marín e a xente de fora
da contorna de Marín todo o seu apoio.”
Rpte. Plataforma Veciñal San Xulián
Marín, 02.06.2026