martes, 23 de junio de 2026

MARIN. DEPORTE CON ACENTO MARINENSE. HOY: REMO Y FUTSAL

O Marín Futsal organiza a décima edición do Torneo 'Antonio Suárez' coa participación de unha veintena de clubes
A súa inauguración terá lugar o vindeiro venres 26 ás 21.30h no Pabello de Deportes de A Raña

Acto de presentación do torneo na Alameda 'Rosalía de Castro'

O Torneo ‘Antonio Suárez’ chega este fin de semana á súa décima edición reunindo a máis de 1.000 participantes, según o anunciou a alcaldesa, María Ramallo, xunto a representantes da directiva do Marín Futsal, nun acto de presentación celebrado na Alameda ‘Rosalía de Castro’. “Será un edición marcada polo décimo aniversario dun evento que non deixou de crecer e que apunta a ser un dos máis multitudinarios da súa historia”, sinalou a rexuidora municipal.
O torneo contará coa participación de máis de 20 clubs e ao redor de 80 equipos, que disputarán os seus encontros o longo deste fin de semana, o VENRES 26 día da inauguración ás 21,30h, sábado e domingo.

O Club de Remo 'Ría de Marín' abre o plazo de inscripción para o curso estival
As prazas son limitadas e o único requisito indispensable é saber nadar e ter unha idade de entre 8 e 16 anos

O Club de Remo Ría de Marín (con casi 40 años de exitencia)  ten aberto o prazo para o seu curso estival, que se celebrará do 20 de xullo ao 20 de agosto para mozos de entre 8 e 16 anos. As prazas son limitadas e o único requisito indispensable é saber nadar. Para obter máis información, resolver dúbidas ou formalizar a matrícula, as persoas interesadas poden poñerse en contacto directo co club a través do teléfono 669957267 ou enviando un correo electrónico a clubederemoriademarin@gmail.com

O remeiro Xián Gutiérrez Dopazo incorpórase a concentración do Equipo Nacional no Centro de Alto Rendimento en Sevilla
Recibirá entrenamiento de cara a competir nas próximas citas intercionais do verán


O remeiro marinense Xián Gutiérrez Dopazo de Club de Remo ‘Ría de Marín’ foi convocado de xeito oficial polo Equipo Nacional na categoría Sub 19 Masculino. O deportista porase ás ordes do técnico Alejandro Demiddi de inmediato, incorporándose á concentración que o combinado estatal realiza no Centro de Especialización de Alto Rendemento (CEAR) La Cartuja, en Sevilla, de cara a preparar as próximas citas internacionais do verán. Xián Gutiérrez recibiu o Premio o Mellor Deportista de Base Masculino otorgado polo Concello de Marín na Gala do Deporte celerbada o pasado día 17 no Auditorio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario