EN PORTADA
"Tras máis de dous anos reclamacións, o Goberno Local (PP) continúa sen dar resposta a unha demanda reiterada da veciñanza"
Atendendo a demanda reiterada dos vecinos o Bloque
Nacionalista Galego (BNG) a través do seu concelleiro, Tino Iglesias, volveu
solicitar no Pleno celebrado o pasado xoves, a instalación de elementos de sombra na zona de
xogos do Paseo Alcalde Blanco, lembra que “este espazo conta cun grande
potencial para o desfrute das crianzas durante o verán, mais carece de áreas
acondicionadas que as protexan das altas temperaturas, unha situación que pode
supoñer un risco para a saúde pública.”
O problema xa fora trasladada polo BNG no 2023 en sesión plenaria da Corporación Municipal celebrado o 13 de xullo a través da concelleira nacionalista Celia García que reclamaba a instalación dalgún sistema que proporcionase sombra os usuarias da zona adverntindo de que “esta circunstancia é un detalle evidente que xa deberá estar previsto no proxecto de instalación da zona de xogos acuáticos”.
Na sua exposición o BNG considera “unha falta de respecto que, tras máis de dous anos de reclamacións públicas e propostas concretas, o PP continúe sen ofrecer unha solución efectiva para unha necesidade básica nun espazo destinado ao lecer infantil durante os meses de maior calor.” (Leer información ampliada)

No hay comentarios:
Publicar un comentario