martes, 4 de noviembre de 2025

MARÍN. BALANCE GOBERNO LOCAL VS. GRUPOS OPOSICIÓN. RESUMEN DE DOUS ANOS DA LEXISLATURA MUNICIPAL 2023/2027

O pasado mes de xuño a Corporación Municipal traspasaba o ‘ecuador’ da presente lexislatura municipal 2023/2027. Pode decirse que estamos a ano e medio dunhas novas eleccións municipais e é por iso que desde o blog ‘cousasdecarragal’ informamos mediante entrevistas, do balance que cada grupo municipal fai destes dous primeiros anos de goberno (PP) e oposición (PSOE e BNG). Xa publicados. Hoxe facémolo co balance que nos trasladan desde o Grupo de Goberno (PP) a través de entrevista coa alcaldesa, María Ramallo:

"É un orgullo poder dicir que estamos a levar a cabo o maior investimento da historia de Marín"

- Como resumiría o balance da xestión do gobernó municipal que vostede preside desta primeira metade do mandato da actual lexislatura 2023/2027
MR - Pasaron 28 meses desde que se iniciou este mandado en xuño de 2023 e moitas foron os proxectos que se levaron adiante, moitos iniciados antes e xa finalizados. Esta é, quizáis, das lexislaturas máis intensas en transformación, obras e propostas de futuro das que levamos traballando polos marinenses. Nestes momentos, podemos afirmar tres cousas: que estamos desfrutando dos proxectos que se executaron nos últimos anos; que se están executando obras que seguirán creando o Marín do futuro e que acabamos de conseguir
novos fondos para seguir  investindo no progreso da vila.
- Amplíenos por favor con detalle a que proxectos os que se refire
MR - E unha lista longa pero resumeirei empezando coa boa nova que coñecimos hai  pouco e que marcará o futuro de Marín para os próximos anos cos 6,5 millóns de euros que a Unión Europea  acaba de concedernos para sacar adiante o noso plan de  actuación integral MARÍN 360, que servirá para revitalizar e mellorar os  nosos barrios. E centrándonos no presente ofrecimos terrenos Xunta  de Galicia  que iniciará os trámites para a futura construcción de 400 vivendas. Remodelouse aAvenida de Ourense. Acabamos de arrancar con dúas  que tamén son estratéxicas no entorno da dársena portuaria e o tramo da Rúa do  Forte e o Viario de Praias; a humanización da  Rúa da Ponte, a renovación do colector do Río e Pedreiras e temos en plena execución o Plan de Pavimentación de Camiños do rural, eficiencia enerxética do Pavillón do Sequelo e o Auditorio...
 - Xa que a cita, obra do Auditorio está sendo moi cuestionada polo retraso que leva a su aexecución
MR - Mención a parte merece o noso Auditorio, o futuro da dinamización e o refulxe cultural de Marín. Estamos na recta final, co edificio prácticamente listo, adecentando a  contorna e en proceso de instalación e posta en marcha do equipamento do que  poderemos gozar dos seus frutos a partir do 2026.

Junio 2023. María Ramallo revalida su mandato como alcaldesa del Concello de Marín con la mayoria absoluta de su grupo

- En conclusión...
MR - É un orgullo poder dicir que estamos a levar a cabo o maior investimento da historia de Marín con axudas conseguidas doutras administración facendo un gasto cero do diñeiro do erario público municipal. Todo o esforzo de xestión administrativa, burocrática e  política empeza a dar os seus froitos grzas a un equipo comprometido, que dedica moitas horas a que saian adiante os proxectos dedicación e asistencia sempre a todos os actos onde se nos require e cunha  colaboración total con todos os colectivos culturais, deportivos e sociais que aprecian un traballo que se mellora  ano a ano para conseguir un Concello moderno, dinámico e con visión de futuro.



5 comentarios:

  1. Muy ecologista.. cambiamos verde por HORMIGÓN....
    No esperes mi voto!!!

    ResponderEliminar
  2. Inconcebible el cambio de la "playa de los botes" por ese estropicio

    ResponderEliminar
  3. Gasto cero de diñeiro público?. Os cartos veñan de Europa, da Xunta ou da deputación son diñeiro público. Ou sexa, cartos de todos nos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sin ánimo de generar polémica, entiendo que se refiere gasto cero al Concello de Marin.

      Eliminar
  4. E unha pena o pouco interés mostrado en que dende o centro de Marín volva a mirarse o mar. Calqueira que entre a Marín dende Pontevedra non mirará o mar ata que saia de Marín. Como me comentaron unha vez, o Concello de Marín e o único Concello que díante da Casa Consistorial ten vistas a un galpón.

    ResponderEliminar