lunes, 27 de octubre de 2025

MARIN. BALANCE GOBERNO LOCAL VS. GRUPOS OPOSICIÓN. RESUMEN DE DOS AÑOS DE LA LEGISLATURA MUNICIPAL 2023/2027

El pasado mesde junio la Corporación Municipal traspasaba el ‘ecuador’ de la legislatura municipal 2023/2027. Puede decirse que estamos a año y medio de unas nuevas elecciones municipales y es por ello que desde el blog ‘cousasdecarragal’ informamos del balance que cada grupo municipal hace de estos dos primeros años de gobierno (PP) y oposición (PSOE y BNG). Hoy lo hacemos con el que nos traslada el BNG a través de su portavoz:

Lucía Santos, voceria do BNG: "Mentres desde o PP se proxecta unha vila dinámica e moderna, o tecido social e o espazo público amosan sinais evidentes de estancamento e desgaste"


¿Cómo definiría o modelo de goberno do PP que o BNG aprecia nesta primeira mitade de lexislatura?
LS - O período de goberno encabezado por María Ramallo, tal e como vimos sinalando noutras ocasións sustentase nunha xestión administrativa centrada no día a día, máis preocupada por resolver incidencias puntuais que por definir un proxecto estratéxico de vila. O modelo do gobernó do PP pode resumirse en: falta de planificación; política de imaxe e aparencia de xestión.

¿Non se entende entón esta apreciación que fai vostede cando dende o PP veñen anunciando tantos proxectos, uns en execución e outros en marcha?
LS -A narrativa institucional insiste en transmitir unha imaxe de progreso e investimento constante; porén, a análise dos proxectos executados amosa un desequilibrio evidente entre o que se anuncia e o que realmente se materializa, xerando unha sensación xeral de parálise e descoordinación e falta de control, transparencia e participación.

¿Qué pretende transmitir con esta visión tan contraria o que parece unha realidade que vostede fai?
LS - Esta análise permite concluír que o goberno do Partido Popular opera baixo un modelo político esgotado, sustentado na aparencia de actividade, pero con escasa capacidade transformadora. A prioridade pola imaxe substitúe á planificación, e a acumulación de proxectos inconclusos, prórrogas e actuacións sen uso, tradúcese nunha xestión máis orientada á visibilidade pública que aos resultados. Este patrón xera unha fenda crecente entre o discurso institucional e a realidade: mentres se proxecta unha vila dinámica e moderna, o tecido social e o espazo público amosan sinais evidentes de estancamento e desgaste.

- E para rematar...
LS - En definitiva, o balance do mandato popular pode resumirse nunha frase que resume o espírito destes anos de xestión: Un mandato marcado pola improvisación, a falta de planificación e unha política da imaxe que substitúe á xestión efectiva.
No goberno semella habitar a nosa Penélope do poema de Díaz Castro: “Un paso adiante i outro atrás, Marín, i a tea dos teus sonos non se move”.

Nota de 'cousasdecarragal' a los lectores: También hemos solicitado el balance al PP y PSOE sin que hasta el dia de hoy se nos haya hecho llegar. Si lo hicieran, así lo haríamos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario