jueves, 30 de octubre de 2025

MARÍN. MÁIS QUE MIL PALABRAS.... EN GALEGO. FOTONOTICIAS


O alumnado senior da Escola Profesional do Alto Lima visitou Marín da man da Asociación Youth Neet Solutions, que promove o profesor do IFP Chan do Monte, Xose Manuel Portela. Os compoñentes do grupo foron recibidos no Concello pola alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, desexándolles unha feliz estancia. Na súa visita coñeceron a Finca de Briz, o Lago Castiñeias, as nosas praias e petróglifos de Mogor, e a Praza de Abastos.


O Concello de Marín renovou o convenio anual coa Asociación de Comerciantes ‘Estrela de Marin’ mantendo a subvención de 4.000 euros destinada a fortalecer as campañas de dinamización comercial do colectivo. A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e a presidenta da asociación, Catalina Conde, asinaron o convenio, concretando os gastos subvencionables. O Goberno Local destaca o labor que Estrela de Marín está a desenvolver no ámbito autonómico, como exemplificou a campaña Escaparate Estrela.


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou o contido do Orzamento para o vindeiro ano 2026 acto o que asistiu a alcaldesa de Marin, María Ramallo, na súa condición de membro da Xunta de Goberno do ente provincial. O documento recolle unha partida para atender unha nova convocatoria do Plan Provincia a repartior entre cerca de sesenta municipios de menos de 50.000 habitantes, como é o caso de Marín.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario