viernes, 17 de octubre de 2025

MARÍN. AXENDA DO DÍA. ACTO INAUGURAL DA EXPOSICIÓN PICTÓRICA 'DE CAMIÑO A ÍTACA' NO ATENEO

Olalla Buceta, artista: "Presento unha serie de obras onde a arquitectura se disolve, os contornos se desvanecen e o urbano se volve emoción..."

https://biografias.galicca.com/olalla-buceta-lopez

MARÍN. 17.10.2025. Hoxe terá lugar no Ateneo Santa Cecilia a inauguración (ás 20.00h) da exposición "De camiño a Ítaca” da artista multidisciplinar Olalla Buceta López, comisariada por los recoñecidos críticos de arte Antón Sobral e Antón Castro. A entrada é de balde ata completar o aforo. 
Os asistentes o acto inaugural poderán contemplar unha serie de obras da artistas vilagarciana “onde a arquitectura se disolve, os contornos se desvanecen e o urbano se volve emoción” como ela mesma o describe.
A exposición estará aberta ao público do 17 ao 31 de outubro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario