lunes, 20 de octubre de 2025

MARÍN. GALARDÓNS E DISTINCIÓNS. A ESCRITORA MARINENSE LARA DOPAZO RUIBAL, 'PREMIO DA CRITICA DE GALIZA'

"Con gran pulso narrativo renova en 'Contos gringos' a tradición relatista galega.



MARÍN. 20.10.2025.  O pasado sábado dia 18 a sede de Afundación de Vigo acolleu, baixo o lema de Castelao, “A tradición é a alma eterna de Galiza” a gala de entrega da XLVII edición dos Premios da Crítica da Galiza que recoñece artistas e creadoras nas modalidades de Creación Literaria, Investigación en Ciencias e Tecnoloxía, Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais, Cultura Gastronómica e Cultura Dixital.

Lara Dopazo: "Os Contos gringos seguen a camiñar, e que fortuna teño de que haxa quen os lea e goce deles". Foto: SA

No acto xuntáronse máis de 300 persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país para seguir a cerimonia final, da entrega dos Premios da Crítica. Na modalidade de Creación Literaria, acordou outorgar por maioría o premio a Contos gringos da escritora marinense Lara Dopazo Ruibal, polo estilo e a intensidade das voces que se individualizan en cada relato para caracterizar os distintos personaxes.
"Con gran pulso narrativo, Lara Dopazo renova en 'Contos gringos' a tradición relatista galega. A escolla dun vibrante manexo textual logra que calquera suceso cotiá poida converterse e extraordinario…” según se expón na acta do xurado. (Leer información ampliada)

No hay comentarios:

Publicar un comentario