A Danza de Espadas de Marín é unha tradición cultural con máis de catro séculos de antigüidade que se celebra durante a festa de San Miguel, patrón do Gremio de Mareantes. As primeiras referencias documentadas datan de 1639, vinculadas o Priorado dos Monxes de Osera. A tradición foi conservada a través da Confradia (ou Gremio) de Mareantes cuxa desaparición no século XIX arrastrou consigo a parálise da popular danza que deixou de celebrarse polo menos unha década.
Foi en 1959 cando a entón A C A Santa Cecilia (hoxe Ateneo) rescatou a tradición convertida na actualidade en Festa de Interese Turístico de Galicia cuxa interpretación ten lugar o domingo seguinte ao 29 de setembro festividade de San Miguel. Polo que este ano os actos en honra ao ‘santiño de pau’ pasan o primeiro DOMINGO DE OUTUBRO.
Según o programa deseñado entre o Ateneo Santa Cecilia e a concellaría de Cultura do Concello de Marín, HOXE terá lugar a partir das 11.00h no Salón de Plenos da Casa do Concello a entrega de Medallas e Distincións aos novos danzantes así como a autoridades e outras recoñecidas persoas ou entidades.
Tras a recepción institucional a las 12:00h terá lugar no Novo Templo parroquial a misa solemne cantada polo Coro de Cámara Thalassa seguida da procesión coa ancestral imaxe de San Miguel que contará coa actuación da Danza de Espadas, no atrio da igrexa, a Praza de España e a Praza do Reloxo.