sábado, 16 de mayo de 2026

MARÍN. HABEMUS AUDITORIUM. POR DANI ANTELO. DIRECTOR DA MAC

HABEMUS AUDITORIUM

Debo confesar que o título deste artigo estivo a piques de poñer en perigo a miña forzosa carreira como comunicador local. E é que, cando advertín que Ángel García Carragal xa empregara antes ca min a expresión HABEMUS AUDITORIUM, poucas alternativas quedaban para coroar esta publicación sobre a apertura do tan reclamado Auditorio Municipal de Marín. Aínda así, sendo completamente sincero, o título que realmente me rondaba pola cabeza era outro bastante máis perigoso: PAN E CIRCO. Finalmente decidín non empregalo, non tanto por falta de ganas, senón por non converter unha xornada que debería ser de celebración nun artigo excesivamente combativo incluso para min. Ao final vai resultar que Carragal e máis eu temos máis cousas en común das que pensaba: os dous somos de Marín, comunicadores, baixiños… e polo visto tamén compartimos certa tendencia á ironía. Polo tanto, HABEMUS AUDITORIUM TANDEM.
Sexa como for, hoxe é un día importante para a vila. E tamén un día alegre. Porque máis alá de cores políticas, filias ou fobias persoais, hai algo innegable: despois de décadas de espera, Marín conta por fin cun auditorio municipal. E iso, por si só, xa merece unha celebración.
Agora ben, tampouco imos descubrir a pólvora. As obras públicas xa se sabe como funcionan: coñécese a data de inicio, pero nunca a do final. E neste caso o proceso foi longo, custoso e, por momentos, ata esperpéntico. Que se a ubicación non convence a todo o mundo, que se o edificio parece unha nave futurista, que se o famoso alerón acabou converténdose nun símbolo do sobrecusto millonario da obra… Nada novo neste Marín no que nunca chove a gusto de todos.
Pero unha vez abertas as portas, quizais o importante sexa outra cousa: que se vai facer agora con este espazo.
Porque o Auditorio non debería limitarse a ser un simple escaparate para espectáculos de paso, concertos itinerantes ou grandes inauguracións con moita foto e moito titular. O verdadeiro reto será convertelo nun espazo vivo, útil e participado; unha casa común para as artes escénicas, a música, o cinema, as asociacións culturais e toda esa xente que leva anos traballando en Marín case sempre a contracorrente.
E aquí é onde entramos moitos dos que levamos tempo intentando mover cultura nesta vila. Porque, guste máis ou menos, Marín ten talento. Hai músicos, técnicos, actores, creadoras, fotógrafos, cineastas e colectivos culturais con capacidade máis que demostrada para alimentar parte desa programación. Non todos os concellos teñen a sorte de contar cun tecido creativo disposto a implicarse, propoñer e traballar. Por iso precisamente resulta incomprensible que, en
ocasións, o propio goberno local dea a sensación de mirar con certa sobradez ás asociacións e proxectos que levamos anos poñendo iniciativas enriba da mesa con máis ilusión ca recursos.
Agardemos que iso cambie. Porque sería un erro enorme converter o Auditorio nun barco á deriva, deses que brillan moito o día da inauguración pero que acaban saqueados polo desinterese, a falta de programación ou a ausencia dun proxecto cultural sólido. Galicia está chea de exemplos así. Infraestruturas enormes, flamantes, inauguradas entre foguetes e discursos, que aos poucos rematan convertidas en edificios mortos.
Para moita xente o Auditorio seguirá sendo un despilfarro innecesario. Para outra moita, unha infraestrutura imprescindible. Para nós —artistas, técnicos e persoas vinculadas á cultura— representa algo máis simple: un lugar onde poder traballar dignamente. Un teatro dos soños, si, pero tamén un punto de encontro para a creación local.

Dani Antelo
Director da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín.

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. RESUMEN INFORMATIVO DE NOTICIAS DESTACADAS

EN PORTADA
O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios os escolares gañadores do concurso 'Marín Conta'

Imaxe do grupo dos escolares gañadores. Foto: ASC

O Ateneo Santa Cecilia de Marín fixo entrega onte dos premios  do Concurso ‘Marín Conta 2026’, convocados dentro da súa programación polo Día das Letras Galegas.
Os galardóns foron recibidos por los escolares premiados nas distintas categorías:
A: 1º, 2º e 3º de Primaria. 1º PREMIO (60€): Iago Agra Iglesias (Sagrado Corazón Placeres); 2º (40€): Valeria Hernández Marsillas (Sagrado Corazón Placeres) e 3º (30€): Thiago Iglesias Portas (Sagrado Corazón Placeres). B: 4º, 5º e 6º de Primaria. 1º PREMIO (70€): Mael Rellán Davila (Sequelo); 2º (50€): Sabela Fuentes Gesteiro (Inmaculada) e 3º (40€): Xela Estévez García (Inmaculada). E: ESO 1º PREMIO (80€): Candela Caíño Sanjorge (Inmaculada); 2º (60€): Ainoa Area Villar (Inmaculada) e 3º PREMIO (50€): Martina Yubero Sanmartín (Inmaculada).

LETRAS GALEGAS
A Alameda 'Rosalía de Castro' acolle hoxe obradoiros de escritura creativa para nenos e maiores dentro da programación 'Marín, Vila de Letras'
A xornada rematará coa actuación da agrupación de canción popular 'Máis Cantos'

Agrupación 'Màis Cantos' no Multiusos de Marin

A programación ‘Marín, Vila de Libros’ enmarcada dentro da Semana do Día das Letras Galegas organziada polo Concello de Marín acolle hoxe un amplia abano de actividades que dan comezo as 10.00 h na Alameda ‘Rosalía de Castro’ con un Obradoiros de Escritura Creativa para adultos e nenos, seguido de unha sesión de Contacontos a cargo de Suricata Teatro, que Terán continuidade toda a tarde. A Xonrada finalizará as 20.30h coa actuación de ‘Máis Cantos’. (Leer programación completa)

Festival das Letras na Veiguiña organizado polo colectivo cultural 'Almuinha' (na tarde de hoxe a partir das 18.30h)

El cantante Andrés Pena Méndez, actuará hoxe na Praza da Veiguiña

Organizada pola Asociación Cultural ‘Almuinha’ hoxe terá lugar no marco da Praza da Veiguiña o III Festival das Letras que dará comezo as 18.30h con unha sesión de contacontos seguido das actuacións musicais de ‘Morenos Peludos’, ‘Zeltia IreeVire’, as ‘Panderetiras da Veiguiña’ e Andrés Pena Méndez. Asimesmo haberá un recital de poesía no que interviràn: Benito Piñeiro, Elena Lameiro, Fita Sanjorge e Davinia Lojo (concelleira do BNG). Paralelamente a Veguiña acollerá o Mercado3 Marín; Mostra  de Artesanía de Cris e Tito e Descalciña pola Area. A asistencia e libre e gratuita.

BARRIOS
O IES Mestre Landín organiza a I Xornada  de Convivencia 'Facendo Barrio' na popular barriada de veciños de San Pedro
Terá lugar o vindeiro martes día 19 na que tamén colaboran os centros educativos do Carballal, Galiña Azul e do Sequelo

Grupo de alumnos do 'Mestre Landín ' nun flash mob

O próximo MARTES 19 o IES Mestre Landín celebrará na Barriada de San Pedro,  a I Edición das xornadas 'Facendo Barrio', cita que pretende instaurar un encontro anual entre a comunidade educativa e os vecinos, na que ademáis participarán o CEIP Sequelo, A Galiña Azul de San Pedro e o CEIP Carballal, centros do entorno da barriada.
Según explican desde a organización “trátase dunha convocatoria aberta a toda a veciñanza coa que se busca fomentar a convivencia, fomentar os vínculos entre os diferentes centros educativos e poñer en valor a diversidade cultural e social que caracteriza o barrio de San Pedro.” (Leer información ampliada)


viernes, 15 de mayo de 2026

MARÍN. MÁS QUE MIL PALABRAS. IMÁGENES DE LA SEMANA

 
Foto: APPM

Buque granelero (Bulk Carrier) ‘CoretalentOL’, procedente de Francia, que dejó en el Muelle Leirós-Puerto de Marín 30.000 toneladas de granel en el Muelle Leirós. Tiene una eslora de 175 metros, de manga 29 metros.

Foto APPM

Visita do alumnado de 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres a o Porto de Marín, actividade enmarcada dentro do proxecto de relevo xeracional no mundo do mar, liderado polo GALP Ría de Pontevedra.



Flamante equipo femenino do Club Deportivo La Peña, proclamado campeón galego categoría cadete.



Alumnado, profesorado e familias do CEIP de Ardán participaron en la IX EDICIÓN CANTAMOS COAS MANS de la Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia.  El grupo de alumnos asistentes del centro cantaron ‘coas mans arredor da mesa’en soidaridade cos fins da organización.


El taekwondista marinense, Sergio Trotiño del gimnasio Mat´s proclamado subcampeón en la categoría -87 kilos, en el Continental de Taekwondo celebrado en Múnich. 


MARÍN. PREMIOS E PREMIADOS CONCURSOS LETRAS GALEGAS

A poeta María Álvarez e o traductor Antón de Dios gañadores do Premio Poesía Concello de Marín
Recibirán o galardón o domingo día 17 no acto institucional do Dia das Letras Galegas


A poeta viguesa María Álvarez Martínez, coñecida artísticamente como Masha,  é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín dotado con 1.000 euros. O xurado destacou que a obra gañadora, titulada Outros contiños de Canterbury, supón unha recreación "moi fresca", que ten un estilo narrativo que non cae no prosaico e que as imaxes e accións poéticas "están moi ben construídas". Pola súa parte, o accésit de 200 euros foi para Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985), pola súa obra Do meu nomeLicenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, este autor conta con dous mestrados, un en traducción multimedia e audiovisual e outro en formación do profesorado. (Leer información ampliada)

O Ateneo Santa Cecilia fai hoxe entrega dos premios do concurso  'Marín Conta' (Local social da entidade ás 20.00h)
O Ateneo Santa Cecilia expresa o seu agradecemento aos centros educativos, ao profesorado e, especialmente, ao alumnado pola participación, un ano máis, na edición do Concurso de Relato Curto “MARÍN CONTA”; e informa de que tras valorar a creatividade, o talento e o esforzo dedicado en cada un dos textos presentados, a entrega de premios terá lugar HOXE VENRES 15 ás 20:00h no local social da entidade.  O acto é de acceso libre.

MARÍN. AGENDA. "HOY PUEDE SER UN GRAN DIA.... RECÍBELO COMO SI FUESE FIESTA DE GUARDAR"

EN PORTADA
El Centro Socio Cultural Municipal-Auditorio abre sus puertas "como un referente na vida social e cultural do municipio" (Hoy a partir de las 16.45h)
Después de algo más de seis años desde aquel 20 de febrero de 2020 en que fue presentado el proyecto en medio de un gran boato político y el covid al acecho


Hoy, por fín, tendrá lugar la inauguración del Centro Socio Cultural Municipal (Auditorio) con apertura de puertas a las 16.45 horas. El acto contará con la presencia de autoridades de las distintas administraciones implicadas en la financiación de la obra y con representantes de todas las asociaciones culturales, vecinales, sociales, así como del público en general hasta completar el aforo de las 500 butacas con las que cuenta el salón de actos.
El anuncio de la inauguración fue realizado por la alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacando “a importancia desta xornada para Marín que marcará o inicio da actividade desta infraestrutura cultural, chamada a converterse nun referente para a vida social e cultural do municipio.”

EXALTACIÓN DIA DAS LETRAS GALEGAS
A Alameda 'Rosalía de Castro' acolle os actos da programación "Marín, Vila de Libros' (Hoxe a partir das 18.00h)

Acto de presentación de 'Marín, Vila de Libros'. Foto: CN/CM

A Alameda ‘Rosalía de Castro’ será hoxe escenario da programación ‘Marín, Vila de Libros’ que  dará comezo as 18.00h coa sesión de contacontos infantil ‘O Carballo con Botas’ a cargo de Anxo Moure. Ás 19.00h o escritor marinense David Gago fará un percorrido polos seus dez libros. E ás 20.00h Pedro Feijoo falará co xornalista Ramón Mella sobre os seus thrillers de éxito: Os fillos do mar e Donde nacen las bestias. A xornada pechará ás 21.00h coa música tradicional de Saljariteiros. (Leer información ampliada)

COLEXIOS 
'Festa da Familia' conmemorativa do Dia das Letras Galegas no colexio da Inmaculada (Hoxe en horario de 16.30 a 19.00h)


O colexio da Inmaculada celebra HOXE a partir das 16.30h e ata ás 19.00h a Festa da Familia e Día das Letras Galegas, unha xornada no que o profesorado, coa colaboración da ANPA, disfrutarán dunha xornada inesquecible para toda a comunidade educativa.
Pola mañá será conmemrado o legado de Begoña Caamaño, figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, e terá lugar a tradicional Festa da Poesía (antigos Xogos Florais), coa participación do alumnado de Primaria e ESO. Pola súa parte o alumnado de Infantil gozará tamén dunha sesión de contacontos especialmente preparada para eles. 

jueves, 14 de mayo de 2026

MARIN. OBRAS SON AMORES... CARA OS MESES DE VERÁN.

EN PORTADA
La alcaldesa anuncia la "urgente reanudación de las paralizadas obras del Vial de Playas'
María Ramallo: "Lamentamos todos los problemas que provoca una situación como esta, especialmente en obras que dependen de fondos europeos"

La alcaldesa, María Ramallo, junto con los concejales, Manuel Santos y Marián Sanmartín, recorriendo la zona de las obras. Foto: CN/CM

La alcaldesa, María Ramallo, y los concelleiros Manuel Santos y Marián Sanmartín visitaron ayer las obras –paralizadas por la empresa que las venía ejecutando- del Vial de Playas anunciando que éstas se retomarán de urgencia y "resolver así a situación na que se atopa o Vial polo abandono por parte da empresa, e mellorar a zona para evitar a perigosidade e os problemas de tráfico que está xerando a situación actual e poder ter todo resolto de cara aos meses do verán". Para ello el Concello de Marín ya cuenta con los informes técnicos necesarios y se espera que las obras puedan avanzar a la mayor brevedad posible, según afirmó la alcaldesa, en tanto que lamentan todos los problemas que provoca una situación como esta, especialmente en obras que dependen de fondos europeos Next Generation como es la del Vial, financiada a través del Plan de Sostibilidade Turística. (Leer información ampliada)

OS CARTOS... E AHÍ EL PROBLEMA
La falta de financiación impide realizar el acondicionamiento del Palco de la Música
Debido a su mal y peligroso estado se mantiene clausurado hace un año a la espera de las trabajos que permitan su reapertura


Hace un año, el Concello de Marín encargaba la revisión técnica del Palco da Música de la Alameda ‘Rosalía de Castro’ con el objetivo de hacer una inspección exhaustiva y garantizar la seguridad ante el evidente deterioro que sufría la cubierta. Tras el resultado de revisión se constató se que era necesario tomar medidas urgentes de seguridad lo cual obligó a restringir su acceso totalmente.
Transcurrido el tiempo la cuestión es que el Palco sigue en la misma situación de deterioro debido a la falta de financiación con la que afrontar el coste de la mejora que permita su reapertura. Fuentes municipales aseguran que “ya se gestionando la búsqueda de financiación para su habilitación con el objetivo de abrirlo de nuevo en verano”.

MARÍN. DEFUNCIONES. FALLECIMIENTO DE LA SEÑORA ENCARNACIÓN AZUAGA VIDAL A LOS 94 AÑOS DE EDAD. DEP


MARÍN. 14.05.2026. Fallecimiento ayer de la señora Encarnación Azuaga Vidal (Vda. de Antonio Guerao) a la edad de 94 años. Sus hijos: Manuel y Rosa y demás familia comunican que HOY JUEVES DIA 14 A LAS SEIS MENMOS CUARTO DE LA TARDE tendrá lugar el traslado de su cadáver desde el Tanatorio San Marcos de Marín, Sala núm. 1 al cementerio municipal de A Raña-Marín donde recibirá cristiana sepultura. El funeral se celebrará HOY A LAS SEIS Y MEDIA DE LA TARDE en el Templo Nuevo de Marín. DEP



miércoles, 13 de mayo de 2026

MARÍN. AXENDA FESTA DIA DAS LETRAS GALEGAS

EN PORTADA
A edición 'Marín, Vila das Letras 2026' comeza coa concentración escolar 'Versos que florecen' (Xoves, 14 na Finca de Briz)

Parque en la Finca de Briz

O Concello de Marín abre o XOVES DIA 14 unha nova edición da ‘Vila das Letras’, un evento que discurrirá ata o 17 de maio ‘Día das Letras Galegas’. A programación arrincará na Finca de Briz cunha actividade organizada polos centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo baixo o título “Versos que florecen”, que contará coa actuación do Grupo Armadanzas.

CON ACENTO GALEGO
Festa da Familia para toda a comunidade educativa do colexio da Inmaculada de Marín (Venres, 15 de 16.30 a 19.00h)
Xornada de festa e convivencia na que colabora a ANPA dirixida as familias do alumnado


O VENRES DIA 15, o colexio da Inmaculada celebra a partir das 16.30h a 19.00h a Festa da Familia e Día das Letras Galegas, unha xornada no que o profesorado, coa colaboración da ANPA, disfrutarán dunha xornada inesquecible para toda a comunidade educativa.
Pola mañá será conmemrado o legado de Begoña Caamaño, figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, e terá lugar a tradicional Festa da Poesía (antigos Xogos Florais), coa participación do alumnado de Primaria e ESO que achegarán poesía, música e baile. En tanto que o alumnado de Infantil gozará tamén dunha sesión de contacontos especialmente preparada para eles. E na tarde terá lugar a Festa da Familia, na que haberá inchables, bingo, bailes rexionais, cantareiras, obradoiros e outras actividades diversas.

Festival das Letras na Praza da Veiguiña organizado polo colectivo cultal 'Almuinha' (Sábado, 16 ás 18.30h)


A Asociación Almuinha organiza a III edición do Festival das Letras, un evento que este ano pon en valor a escolla de Begoña Caamaño figura esencial da nosa literatura que contribuíu a enriquecer o noso patrimonio cultural. O festival terá lugar o vindeiro SÁBADO 16 e dará comezo ás 18:30h para transformar, outro ano mais e de xeito consecutivo, a Praza da Veiguiña, nun espazo vivo para a palabra, a música e a memoria compartida.

martes, 12 de mayo de 2026

MARÍN. POR FÍN. 'HABEMUS AUDITORIO'. LA ALCALDESA ANUNCIA SU INAUGURACIÓN (VIERNES, 15)

Hall del edificio que será inaugurado el próximo día 15

La alcaldesa, María Ramallo, mediante invitaciones que se están cursando a los colectivos sociales y asociaciones anuncia la INAUGURACION del Auditorio de Marin -'o novo fogar da cultura marinense'-  para este próximo VIERNES día 15 de mayo. La apertura de puertas para el acceso libre al público en general será a las 16.45h. hasta completar el aforo de 500 butacas.
De todas formas esta inauguración no supone que se vaya a realizar conjuntamente con la entrega de los premios de la Gala do Deporte, como se había a anunciado, acto que de momento no tiene fecha establecida.
"Pero habrá sorpresas, según avanza la alcaldesa, María Ramallo, en un día que será excepcional para Marín"

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. RESUMEN INFORMATIVO DE NOTICIAS DESTACADAS.

EN PORTADA
Sensible descenso en las ventas de pescado en la Lonja de Marín


Según los datos del portal ‘pescadegalicia’ de la Consellería do Mar, la Lonja de Marín, en la que se subasta la pesca, no solo con la flota local sino también la procedente de buques de altura, “resiste mejor la crisis del sector del mar, si bien su balance provisional del primer cuatrimestre tampoco anima al optimismo”
Las cifras de las que da cuenta la Consellería do Mar, ponen de relieve que en la lonja marinense se han vendido en el cuatrimestre 267.000 kilos de pescado valorados en algo más de 1.040.000 euros. Es un 26 por ciento menos de producto que hace un año y la caída de facturación es del 15 por ciento. Es el peor balance de los últimos cinco años. (Leer información ampliada)

PROMOCIÒN COMERCIO LOCAL
La asociación de comerciantes 'Estrela de Marín' da comienzo a su campaña 'Comercio e Letras'
La entidad busca proyectar el comercio de proximidad como un espacio vivo de relación humana y profesional, especialmente entre el público más joven.


La Asociación de Comerciantes Estrela dio comienzo a la campaña Comercio e Letras, iniciativa que cuenta con el cofinanciamiento de la Xunta de Galicia, y tiene como objetivo principal “dinamizar el tejido empresarial del municipio vinculándolo directamente con la celebración de las Letras Galegas, la promoción de la lengua y el fomento de la participación ciudadana en los establecimientos de proximidad”, según explica desde la organización.
La campaña finaliza el próximo día 18, durante cuyo periodo los consumidores que realicen sus compras en los comercios asociados podrán registrar sus tiques a través de la web oficial Comercio de Marín. (Leer información ampliada)

PREDICCIÓN CLIMÁTICA
Un estudio realizado por la Xunta de Galicia advierte de que '"en el futuro Marín sufrirá moderadas inundaciones"


Un informe de la Xunta de Galicia revela la probabilidad de inundaciones, marítimas o fluviales en cinco concellos de la comarca, entre los que figura Marín, y de que éstas, aunque de manera moderada, se produzcan en el futuro como consecuencia del cambio climático. Los autores del estudio recurrieron el Inungal (Plan especial de Protección Civil ante el riesgo de inundaciones en Galicia), que identificó las zonas de riesgo en cada ayuntamiento y así las clasificó. (Leer información ampliada)

La Deputación de Pontevedra aprobó conceder una ayuda de 570.000 euros al Concello de Marín destinados a las obras de la Senda Peatonal de la carretera de O Pazo; Humanización de la Tiro Naval Janer (antigua rúa do Baño) y la Mejora de accesibilidad a la Finca de Briz.


MARÍN. DEFUNCIONES. FALLECIMIENTO DE LA SEÑORA MARÍA DEL CARMEN GAGO PASTORIZA A LOS 67 AÑOS DE EDAD. DEP


MARÍN. 12.05.2026. Fallecimiento ayer de la señora María del Carmen Gago Pastoriza a la edad de 67 años. Su esposo, Carlos Couso Bon; hijos: Carlos Xosé Antón y Samuel y demás familia comunican que MAÑANA MIÉRCOLES DÍA 13 A LAS DOCE DEL MEDIODÍA tendrá lugar el traslado de su cadáver desde el Tanatorio San Marcos, Sala núm. 2 al Crematorio Terras de Pontevedra donde se procederá a su INCINERACIÓN en la intimidad familiar. El funeral se celebrará MAÑANA MIÉRCOLES A LAS CINCO DE LA TARDE en la iglesia parroquial de Santa María de Ardán. DEP
NOTA: NO SE RECIBE DUELO

lunes, 11 de mayo de 2026

MARIN. DEFUNCIONES. FALLECIMIENTO DE SANDRA MARÍA PIDRE DOPAZO A LOS 53 AÑOS DE EDAD. DEP


MARÍN. 11.05.2026. Fallecimiento de Sandra María Pidre Dopazo a la edad de 53 años. Su esposo: Pablo López Otero; hijo: Pedro y demás familia comunican que el MARTES DÍA 12 A LAS DOCE Y MEDIA DEL MEDIODÍA se procederá al traslado de su cadáver desde el Tanatorio San Marcos de Marín, Sala núm. 1 al Crematorio Terra de Pontevedra donde tendrá lugar su INCINERACIÒN en la intimidad familiar. El funeral se celebrará  A LAS SEIS Y MEDIA DE LA TARDE en el Templo Nuevo de Marín. DEP



MARÍN. MAIO LONGO... MAIO LONGO... CULTURA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Extenso programa das actividades que converten a Marin na 'Vila das Letras'
Baixo a dirección da Concellería de Cultura do Concello de Marin, dará comenzo o xoves 14 e rematará no domingo 17

O Dia das Letras Galegas rinde homenaxe a escritora Begoña Caamaño

O Concello de Marín presentou a programación da nova edición da Vila das Letras, que se desenvolverá do xoves 14 ao domingo 17 de maio. A proposta cultural integra a autores de recoñecida traxectoria, actividades destinadas ao público infantil e obradoiros de formación literaria en diferentes espazos da vila, como a Alameda ‘Rosalía de Castro’, o Museo M. Torres e a Finca de Briz.
apertura oficial terá lugar o xoves 14 pola mañá na Finca de Briz. Os centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo participarán na actividade "Versos que florecen", que contará coa música e animación do Grupo Armadanzas. A xornada do venres 15 centrarase na narrativa contemporánea na Alameda ‘Rosalia de Castro’. O sábado 16 a actividade trasládase ao Museo M. Torres e á Biblioteca Vidal Pazos. 


E o 17 domingo, Día das Letras Galegas a xornada comezará cunha feira de libros usados organizada pola asociación Mulleres Intercambio do Saber na Alameda. E ás 12.00 h celebrarase o acto institucional de entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín, cuxo fallo se fará público o vindeiro 14 de maio despois da reunión do xurado. A figura de Begoña Caamaño, a que este ano se dedica o Dia das Letras Galegas, volverá estar presente o domingo cunha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno e a repartición de exemplares de Begoñísima, obra da autora local Andrea Nunes Brions. O evento concluirá pola tarde cun concerto da Banda de Música de Marín e a tradicional queimada. (Leer programación detallada)

 

MARÍN. PERSOAS E PERSONAXES MARINENSES. ANDREA NUNES PREMIADA CON GALARDÓN DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES/AS

"Hai libros que nacen para explicar o mundo e outros que nacen porque o mundo nos rompe un pouco por dentro..."

Andrea Nuñes recibiendo el premio

Ás portas do día das Letras Galegas, o libro galego tivo a súa celebración no Teatro Principal de Santiago unha gala organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,a de Editoras e a Federación de Librarías a través da que reclaman maior visibilidade para o libro galego. Este ano entre as escritoras premiadas figura a marinense Andrea Nunes Brións polo seu libro de teatro polo seu poemario: “Mapa da estría’ (Ed. Chan da Pólvora)
"Hai libros que nacen para explicar o mundo e outros que nacen porque o mundo nos rompe un pouco por dentro. Eu creo que o meu libro naceu así", recoñeceu a premiada ao recoller o galardón polo seu poemario. (Leer reportaje ampliado)

MARÍN. DEFUNCIONES. FALLECIMIENTO DEL SEÑOR MANUEL BEA SOLLA A LOS 76 AÑOS DE EDAD. DEP


MARÍN. 11.05.2026.  Fallecimiento ayer del señor Manuel Bea Solla a la edad de 76 años . Su esposa, Manuel Valverde González; hijos: Alvaro y Marin y demás familia comunican que HOY LUNES DIA 11 A LAS ONCDE Y MEDIA DE LA MAÑANAtendrá lugar el traslado de su cadáver desde el Tanatorio San Marcos de Marín, Sala núm. 1 a la iglesia de Nosa Señora  do Carme de Seixo donde A LAS DOCE DEL MEDIODIA se celebrará el funeral por su eterno descanso. Seguidamente se procederá a su INCINERACIÓN en la intimidad familiar. DEP



sábado, 9 de mayo de 2026

MARÍN. OBRAS SON AMORES.

El Grupo de Gobierno gestiona la urbanización de la parcela del demolido Mercado de Cantodarea

Explanación de la parcela. Foto: GC

Los trabajos iniciados el pasado mes de marzo de demolición y explanación del solar del edificio que pudo haber sido y no fue Mercado de Cantodarea están prácticamente finalizados, por lo que el Grupo de Gobierno Local está ya gestionando en la conversión del espacio en una zona urbanizada y de esparcimiento para la vecindad con una parte dedicada a aparcamiento. 

Gráfico del proyecto de urbanización de la parcela

Por otra parte y según explican desde el Concello de Marín, la parcela una vez urbanizada “permitirá una reordenación de la circulación de vehículos, para que se pueda acceder desde la carretera principal, rúa Concepción Arenal, creando una salida a través de la nueva plaza a ejecutar.  

viernes, 8 de mayo de 2026

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. RESUMEN INFORMATIVO DE NOTICIAS DESTACADAS

EN PORTADA
La Xunta de Goberno deniega licencia urbanística al proyecto de instalación de la 'base logística' de la empresa Urbaser en Pardavila-San Xulián
"Una de las claves a en las que se basan los técnicos para informar desfavorablemente es que por el tipo de suelo clasificado en el PXOM, solo están permitidos los usos y obras de carácter provisional, realizando las mínimas obras imprescindibles para colocar instalaciones fácilmente desmontables"

Reunión ayer de la Xunta de Goberno en la que se adoptó el acuerdo. Foto: CN/CM

La Xunta de Gobierno Local, presidida por la alcaldesa, María Ramallo, acordó “denegar la licencia de obras solicitada por Urbaser para desarrollar una base operativa en su parcela de Pardavila”. La empresa pretendía habilitar en un terreno de su propiedad distintas infraestructuras destinadas al funcionamiento del servicio. El acuerdo se adoptó tras los informes municipales que sostienen que el proyecto presentado por Urbaser no encaja en las condiciones previstas en PXOM al tratarse de una actividad de naturaleza industrial vinculada a la gestión de residuos actividad que implica procesos de tratamiento, manipulación y transformación de materiales mediante instalaciones específicas, por el que "presenta una naturaleza claramente industrial", independientemente de su relación con un servicio público. La alcaldesa de Marín, María Ramallo, aseguró que los informes técnicos "vienen a confirmar una interpretación que el gobierno local ya compartía".
El acuerdo ha supuesto una decisión tranquilizadora para la Plataforma Vecinal de Sa Xuliàn que se venía oponiendo a la instalación de dicha base de operaciones de la empresa Urbaser en Pardavila al afectar a un núcleo de viviendas cercanas a la zona. (Leer información ampliada)

Presentación del jurado del Mac Marín do Audiovisual e Cinema de Marín (A Bailona Gastrobar, mañana sábado a las 12.15h)
El acto servirá de punto de partida para la apertura del nuevo Cine Club marinense que se estrenará 'sine díe' con la proyección de dos interesantes films galegos en el Auditorio

El cineasta marinense David Antelo, director del certamen Mac Marín

La Asociación Marín de Cine celebra mañana sábado a las 12.15 horas en el espacio A Bailona Gastrobar (Paseo Alcalde Blanco) la presentación oficial del jurado de la V edición de Mac do Audiovisual e Cinema de Marín, “el primer festival de cine impulsado en la historia del municipio de Marín y una de las iniciativas culturales con mayor proyección audiovisual de la comarca en los últimos años”, según lo define la organización. El acto estará encabezado por el director del certamen, Dani Antelo, y servirá para presentar a  los tres integrantes del jurado de esta quinta edición: la actriz Uxía Blanco, el académico y crítico cinematográfico Severiano Casalderrey y el profesor, poeta y escritor Adolfo Caamaño.
David Antelo informa de que el acto de presentación del jurado del Mac Marín será punto de partida del nuevo Cineclub Marín, “una iniciativa con la que la asociación busca consolidar una programación estable de cine a lo largo de todo el año”.y que se pondrá en amrcha en las semanas posteriores a la celebración del las actividades previstas para el Dia das Letras Gallegas con la proyección de ‘Mamasunción’ y ‘Sempre Xonxa’. La organización dará a conocer próximamente los horarios y localizaciones definitivas de las exhibiciones en Auditorio Municipal con el apoyo del Concello de Marín. (Leer información ampliada)

PROMOCIÒN COMERCIO LOCAL
Alumnos do Instituto Chan do Monte e do Erasmus ITS de Italia coñecen as técnicas de venta do comercio de proximidade a través do programa 'Comercio e Letras'
Actividad promovida desde a asociación 'Estrela de Marín' cofinanciada pola Xunta de Galicia

Grupo do alumnado participante no programa 'Comercio e Letras'

O CCA Estrela de Marín achega o comercio local ao alumnado de Marín e Italia a través dunha actividade de gamificación,  iniciativa que se celebrou no marco da campaña Comercio e Letras, cofinanciada pola Xunta de Galicia contando coa participación de alumnado do IES Chan do Monte na que tamén participou o alumnado de Erasmus do Instituto Tecnico Statale “Aterno-Manthoné”, procedente de Pescara, Italia. A actividade enmárcase na estratexia do CCA Estrela de Marín para achegar as bondades do comercio de proximidade a un público máis novo, reforzando ao mesmo tempo a súa dimensión educativa, cultural e social a través dunha dinámica de gamificación en contorna real, que alumnado tuvo a oportunidade de coñecer en diferentes establecementos da vila observando técnicas de venda e atención ao cliente

CONVOCATORIA
'Mulleres Intercambio do Saber' celebra una nueva edición de su 'Unha dorna de libros, un mar de ilusións"
Enmarcada en el programa, Marín, Vila das Letras, que tendrá lugar el 17 de mayo en la Alameda 'Rosalía de Castro'

Edición 'Unha dorna de libros...' ano 2014.

El 17 de mayo se celebra el Día das Letras Galegas una fecha imperdible en el calendario cultural en la que la Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, celebrará en la Alameda 'Rosalía de Castro', entre las 10,00 y 20.00h -dentro del programa Marín, Vila das Letras-   la que ya es la duodécima edición de su evento “Unha dorna de libros, un mar de ilusión”, con el que pretenden acercar el amor a la lectura a toda la ciudadanía. Las personas que deseen donar libros para la campaña pueden depositarlos en el Museo do Mar hasta el día 16 o bien llamando por teléfono al 607.473.625. 

 


jueves, 7 de mayo de 2026

MARÍN. EL SEMANAL DE CARRAGAL. INFORMATIVO DE NOTICIAS DESTACADAS

El Grupo de Gobierno respalda la propuesta de Augas de Galicia de la creación de una zona recreativa con 'skate' y 'pump truck'
El proyecto se realizaría en una parcela adyacente a las obras de Renovación del Colector del rio Lameira

Maqueta de la zona de ocio propuesta por Augas de Galicia

El Grupo de Gobierno informa de que en la parcela con la que quedará cubierto el tanque de tormentas de la obra de Renovación del Colector del río Lameira se creará una zona de ocio con pérgolas de sombra, elementos de descanso, zona de ‘skate’ y una pista ‘pump truck’ según la propuesta que Augas de Galicia tiene para la zona y que respalda respaldada por el Gobierno Local del Concello de Marín, y que será una realidad en la medida que avancen los trabajos.
“Con esta nueva dotación de equipamiento lúdico y deportivo, mantenemos la naturaleza de una zona verde, pero uniéndola con deporte y con ocio juvenil”, explicó la alcaldesa, María Ramallo, que considera esta obra como una actuación clave, con la que “conseguimos varios hitos a la vez: mejoramos el saneamiento en esta zona, recuperamos el río Lameira a nivel ambiental y habilitamos nuevos espacios en lugares que hasta ahora aún tenían más que ofrecer”. (Leer información ampliada)