"Un espazo aberto á participación que nace coa vontade de facilitar que artistas e artesáns poidan compartir o seu traballo co público..."
Dende a súa apertura en Marín no 2017, o
estudio-obradoiro de cerámica Alén das Olas desenvolve un proxecto que combina
a produción de cerámica de autor e a formación de persoas a través de cursos de
cerámica programados o longo de todo o ano.
Agora o taller amplía a súa idea coa posta en marcha
de A Lindeira Sala, un espazo anexo concebido para acoller exposicións así como
actividades de formación e experimentación especialmente as relacionadas co
torno alfareiro.
A inauguración deste novo espazo terá lugar o vindeiro MARTES 17 coincidindo coa celebración dunha exposición colectiva de cerámica, que poderá visitarse ata o dia 29. A mostra reunirá pezas relizadas polas alumnas e alumnos do obradoiro ao longo dos diferentes cursos.

Esta primeira mostra representa tamén unha
declaración de intencións sobre a natureza do novo proxecto: un espazo aberto á
participación que nace coa vontade de facilitar que artistas e artesáns poidan
compartir o seu traballo co público e, ao mesmo tempo, ofrecer novas oportunidades
de achegamento a cerámica creativa a través da formación e da práctica nun
entorno equipado para elo. Exposición inaugural
EXPOSICIÓN
• Lugar: A Lindeira Sala, (rúa Exército e Mariña, 7) espazo anexo a Alén das Olas (Marín). • Datas: do 17 ao 29 de novembro. • Mostra: exposición colectiva de cerámica das alumnas de Alén das
• Lugar: A Lindeira Sala, (rúa Exército e Mariña, 7) espazo anexo a Alén das Olas (Marín). • Datas: do 17 ao 29 de novembro. • Mostra: exposición colectiva de cerámica das alumnas de Alén das

No hay comentarios:
Publicar un comentario