![]() |
O Ateneo Santa Cecilia de Marín anuncia a
celebración das súas Xornadas Micolóxicas, un evento xa consolidado no
outono marinense e dirixido a todas as persoas afeccionadas ao mundo dos fungos
e cogomelos.
O ciclo de conferencias terá lugar no local do Ateneo (Rúa do Forno, nº42, baixo) a partir de HOXE 29 e ata ao VENRES 31 culminando cunha saída ao monte o SÁBADO 1 de novembro.
O ciclo de conferencias terá lugar no local do Ateneo (Rúa do Forno, nº42, baixo) a partir de HOXE 29 e ata ao VENRES 31 culminando cunha saída ao monte o SÁBADO 1 de novembro.
Según explica o presidente do Ateneo, Celso Méndez Fraguas, e grande
experto e aficioando a micoloxía, “o obxectivo destas xornadas, organizadas coa
colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín, é ofrecer unha
formación completa e de calidade, combinando a divulgación científica coa posta
en valor do patrimonio micolóxico galego.”
PROGRAMA DAS XORNADAS:
![]() |
| Celso Méndez, presidente do Ateneo Santa Cecilia, inaugura hoxe las 'Xornadas Micolóxicas de Marin' |
As conferencias, todas tenrán lugar ás 20:00 horas,
contarán con persoas destacadas no sector:
Mércores, 29 de outubro: Celso Méndez Fraguas será o encargado de inaugurar as xornadas e presentar a guía deste ano.
Mércores, 29 de outubro: Celso Méndez Fraguas será o encargado de inaugurar as xornadas e presentar a guía deste ano.
Xoves, 30 de outubro: Intervención de Sandra
Viñas Diz (CEO de MARE MONTE PREMIUM FUNGUS), quen falará sobre a
"Innovación nas conservas de cogomelos e champiñóns".
Venres, 31 de outubro: O micólogo e presidente
da Asociación Micolóxica BRINCABOIS, Jaime B. Blanco Dios, impartirá unha
charla titulada "Os champiñóns en Galicia".
SAÍDA O MONTE
Como peche, o Sábado, 1 de novembro, terá lugar a tradicional Saída ao monte (en horario de mañá), unha actividade práctica onde as persoas participantes poderán identificar distintas clases de fungos no seu hábitat natural. O lugar e a hora exactos decidiranse entre o público asistente á charla do venres 31.
NOTA: O Ateneo Santa Cecilia convida a toda a veciñanza de Marín e arredores a participar activamente neste encontro coa natureza e a cultura micolóxica. A asistencia e participación as Xornadas é gratuíta ata completar aforo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario