"Apoiar a iniciativa do BNG sería dar alas a unha utopía que non vai ser realizable, por moita vontade política que queiran esgrimir"
Un dos problemas de base desta
moción é o descoñecemento que ten o BNG tanto do Porto como da Escola Naval
Militar. A súa posición contraria e ríxida con respecto a estas dúas
institucións impídelles ver e achegarse ao seu funcionamento e realidade. Por iso, cometen o erro de pensar que as instalacións de ambas “presentan un grao elevado de infrautilización”. Isto está totalmente alonxado da realidade.
No caso do Porto, falamos dunha infraestrutura empresarial que xera o 4,3% do emprego de toda a provincia, con 13.000 empregos directos, indirectos e inducidos. Nel están instaladas máis de 100 empresas e o problema que existe neste momento precisamente é que teñen falta de espazo tanto para poder ofrecer mellores instalacións a algunhas das súas empresas que precisan de ampliacións ou para acoller novas firmas, que teñen interese en asentarse na nosa vila, co impacto positivo económico e social que iso ten. Polo tanto, todo o contrario á infrautilización.
Algo semellante acontece coa Escola Naval Militar. E non o dicimos nós, díxollo ao propio BNG o Goberno de España en resposta a unha pregunta formulada polo seu deputado Nestor Rego no Congreso dos Deputados. A Escola Naval, que é a nosa Universidade, “mantén unha política activa de apertura á cidadanía, pero é que ademais diso, o Goberno explícalle claramente ao señor Rego que o número de alumnado está crecendo e a tendencia prevista é que este incremento se manteña, xa que o obxectivo do Ministerio de Defensa é o de aumentar a plantilla dos cadros de mando da Armada. Tamén está prevista a creación do Centro Universitario da Defensa, o que conlevará un proceso de redimensionamiento dos espazos. E ante esta situación, que, repetimos, nin sequera contestamos nós como PP de Marín, o BNG insiste en presentar unha moción que non se axusta á realidade e na que recolle obxectivos que sabe a ciencia certa que non son posibles de levar adiante. Ademais, a incoherencia coas súas propias posturas a nivel local é chamativa. Na moción fala de recuperar espazos do litoral urbano para “dotar de zonas de lecer e equipamentos culturais”. Vaia… pois desta vez si que estamos dacordo.

Desde o PP de Marín
levamos anos e anos traballando para un obxectivo que si se está a facer
realidade: a construción dun equipamento cultural, o noso Auditorio, nunha das
parcelas de dominio portuario que foron cedidas a uso cidadán. Unha ubicación
que sempre foi criticada polo BNG. Así que… non entendemos… Agora si que están
a favor do Auditorio, tendo en conta que é unha das cousas que reclaman nesta
moción, ou tampouco?Fálase tamén de “reactivar o
comercio de proximidade e o sector turístico”, ambas liñas que son defendidas
por lo Goberno local. De feito, día
si e día tamén, desde a oposición estase a criticar unha obra fundamental para
reactivar todo o comercio e a hostalaría da Avenida de Ourense, como é a
humanización da beira pegada aos edificios, cos seus correspondentes baixos
comerciais. Iso si que é apostar por mellorar o entorno do comercio local e non
crear un novo paseo cando xa temos toda a Avenida de Ourense pola beira do
Porto e, de aí, todo un corredor verde ata as nosas praias, declarado como
Sendeiro Azul.
Ademais, o BNG fala de
mellorar a nosa integración porto-cidade como se este Goberno local non o
tivera tamén entre as súas prioridades. De feito, recollen na súa moción o que
di a Axenda Urbana Española. Recomendámoslles que lean a Axenda Urbana de
Marín, documento estratéxico encargado por este Goberno. Se aínda non a
revisaron -unha pena-, indicámoslles que no apartado de “Cohesión social e
Gobernanza” atoparán tres proxectos pilotos para mellorar a integración
Porto-Escola Naval-Cidade, co obxectivo de reducir o descoñecemento da
cidadanía sobre a actividade de ambas institucións a través de visitas guiadas
e rutas pensadas para a cidadanía.
Estamos dacordo en que o mar é o que define de maneira esencial a nosa identidade. Por iso, non entendemos que unha infraestrutura portuaria sexa atacada e criticada, tendo en conta que é sinónimo de pesca, traballo, progreso e innovación dentro dos sectores do mar, aos que os marinenses nos levamos adicando séculos, pero sempre adaptándonos á propia evolución do sector. Non só entendemos o mar como unha paisaxe idílica fronte á que pasear, senón tamén como o motor económico do que dependen miles de familias e que debemos coidar sostiblemente a través do traballo.
O BNG quere construir este proxecto desde a cooperación institucional, pero sentimos se somos escépticos, dado que por parte do BNG sempre atopamos un NON de cada vez que tratamos de recuperar e mellorar espazos de dominio portuario para a cidadanía.

Posicionamento do PSOE. Ver enlace
Posicionamento do BNG. Ver enlace

No hay comentarios:
Publicar un comentario