'Os da Caña' grupo colaborador da organización do Samaín de Marín
"O Samaín Briz, un evento financiado polo Concello de Marín, seguirá sendo un punto de referencia no calendario das festas do outono xa non só para os marinenses, senón para unha gran cantidade de persoas de fóra, que acudiron desde distintos puntos de Galicia e de Portugal"
“Queremos agradecer enormemente a todas as asociacións e colectivos
implicados en que esta festa saia adiante, xunto con todo o voluntariado que
participa. Somos conscientes de primeira man de todo o traballo que supón
converter Briz nun auténtico parque temático do medo e da diversión e non
poderíamos facelo sen o esforzo de todos eles”, subliñou a edil.
Estes colectivos engloban á Fundación Juan XXIII, a Comparsa Os da Caña, o
alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) e
o Club Deportivo La Peña.
Sanmartín asegurou que a pesar de todo, “sempre temos marxe de mellora e iso é
o que pretendemos, que cada ano a festa cada vez sexa mellor”.
Por iso, para a
semana que vén está convocada unha reunión con todas esas partes implicadas
para poder analizar con perspectiva que opcións de mellora pode ter o evento en
canto ao itinerario das rutas, a organización dos fluxos de persoas…
O Samaín Briz, un evento financiado polo Concello, seguirá sendo un punto de
referencia no calendario das festas do outono xa non só para os marinenses,
senón para unha gran cantidade de persoas de fóra, que acudiron desde distintos
puntos de Galicia e de Portugal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario