"O que temos todos claro é que o noso traballo seguirá sendo serio, responsable e coa vontade de mellorar Marín é a vida dos marinenses"
O PSOE conseguiu nas pasadas eleccións municipais (28M) cinco actas de concelleiros que xa tiña na anterior lexisltaura, e de entre eles un e ‘novel’ no terreo municipal. Trátase do empresario local, Eduardo D. Lorenzo Fernández (46 anos) que chega o Concello de Marín cheo de ilusión “e responsabilidade facéndose cargo dentro do seu grupo –na oposición- das área de Comercio, Turismo, Cultura y Promoción Económica.
O noso entrevistado comenza por decir que se sinte moi honrado haber sido elexido concelleiro,,cargo que asume con toda a responsabilidade que conleva e sobre todo porque “espera estar a altura dos marinenses que confiaron no proxecto do PSOE”, partido no que entrou “porque sempre me gustou a política, especialmente a política local, e sempre dende unha conciencia social e de esquerdas”.
- Qué defenderá ou promoverá dentro da área que ten asinada no grupo?
No noso grupo todos participamos das propostas e iniciativas do resto dos compañeiros, pero eu centrareime en todas as aquelas iniciativas que busquen un Marín máis dinámico e activo a nivel comercial e empresarial, que axuden ao comercio de proximidade, na fiscalización e na mellora da xestión de actividades culturáis e festivas e na potenciación de Marín dos nosos recursos turísticos.
- Se houbese formado parte do goberno municipal cal sería a primeira actuación que acometería?
Nos centraríamos nos principais problemas de Marín e que levan 12 anos desatendidos: o problema da falla de vivenda nova, en aluguer e en rehabilitación, a creación de áreas ou espazos para que se poidan establecer empresas en Marín e evitar a perda de identidade da nosa vila.
- Qué “puntos débiles” ten Marín que se deberían correxir??
Creo que dende fai uns anos é evidente que existe unha relaxación na acción do grupo de goberno na maoiría das súas áreas. Vivimos nunha parálise urbanística, comercial e empresarial perigosa, e a esto lle engadimos un goberno local que atenta contra as nosas sinais de identidade, con proxectos carentes de sentido común e cos que o PSOE non pode estar dacordo.
- É qué puntos fortes” ten que según vostede non se está aproveitando ben por parte do goberno municipal?
Eu diría que por un lado o noso potencial turístico que está moi desaproveitado. As nosas praias, o parque dos sentidos na granxa de Briz, o Ecoparque, o Lago de Castiñeiras, os petroglifos de Mogor, o Castro da Subidá, actos culturais e festas de interese turístico… son un bo abanico de atractivos para facermos un referente de turismo sostible e de calidade nas Rias Baixas. Fai falla vontade. E por outro lado temos que aproveitar que
dispomos dun porto de interese xeral que faga de elemento tractor doutras
empresas vinculadas á actividade pesqueira e portuaria que se poidan ubicar no
noso municipio.
- Qué balance podería facer da actuación do grupo do PSOE nestes casi tres primeiros días?
-Moi positiva. O ambiente de traballo e compañerismo do grupo é algo que fai todo máis sinxelo. Nestos primeiros cen días, nos que tivemos unhas eleccións xeráis polo medio, é unha mostra do que será o noso traballo durante estos catro anos. Por un lado fiscalizar a acción do goberno local. Deste xeito denunciamos a suba de salarios do goberno local, onde por exemplo o concelleiro de Medio Rural se sube o salario de 33.000€ a 47.000€ ao ano por facer o mesmo, ou o despilfarro de 125.000€ que nos costou o non concerto de Abraham Mateo nas Festas do Carmen.
- Algunha proposta que resaltar?
Que se leven a cabo iniciativas positivas para Marín como pode ser a creación dunha “Escola de pais e nais” en Marín que se aprobou recentemente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario