sábado, 14 de noviembre de 2026

MARÍN.- CRÓNICAS LOCALES. CON ACENTO GALEGO: A LINDEIRA SALA DE ALÉN DAS OLAS

"Un espazo aberto á participación que nace coa vontade de facilitar que artistas e artesáns poidan compartir o seu traballo co público..."

Germán e Laura (que tanto monta) creadores deo obradoiro 'Alén das Olas'

Dende a súa apertura en Marín no 2017, o estudio-obradoiro de cerámica Alén das Olas desenvolve un proxecto que combina a produción de cerámica de autor e a formación de persoas a través de cursos de cerámica programados o longo de todo o ano.
Agora o taller amplía a súa idea coa posta en marcha de A Lindeira Sala, un espazo anexo concebido para acoller exposicións así como actividades de formación e experimentación especialmente as relacionadas co torno alfareiro.
A inauguración deste novo espazo terá lugar o vindeiro MARTES 17 coincidindo coa celebración dunha exposición colectiva de cerámica, que poderá visitarse ata o dia 29. A mostra reunirá pezas relizadas polas alumnas e alumnos do obradoiro ao longo dos diferentes cursos.

Esta primeira mostra representa tamén unha declaración de intencións sobre a natureza do novo proxecto: un espazo aberto á participación que nace coa vontade de facilitar que artistas e artesáns poidan compartir o seu traballo co público e, ao mesmo tempo, ofrecer novas oportunidades de achegamento a cerámica creativa a través da formación e da práctica nun entorno equipado para elo. Exposición inaugural

EXPOSICIÓN 
• Lugar: A Lindeira Sala, (rúa Exército e Mariña, 7) espazo anexo a Alén das Olas (Marín). • Datas: do 17 ao 29 de novembro. • Mostra: exposición colectiva de cerámica das alumnas de Alén das

No hay comentarios:

Publicar un comentario