viernes, 20 de junio de 2025

MARÍN. AXENDA DE DO DÍA. ARTE NO ATENEO, TEATRO NO MUSEO M. TORRES E DEPORTE FUTSAL

 CULTURA E ARTE
A artista Helena Ayape expón a súa colección plástica 'Me sube la bilirrubina' (Ateneo Santa Cecilia, hoxe ás 20.00h)


O Ateneo Santa Cecilia acolle a partir de HOXE ÁS OITO DA TARDE -hora de inauguración- a mostra ‘Me sube la bilirrubina’ da artista multidisciplinar, Helena Ayape, (artista plástica, fotógrafa e escenógrafa) “andaluza de nacemento e galego-luguesa de corazón” como ela di sentirse, que leva máis de vinte anos compatibilizando ejercitando a arte coa docencia na cidade de Lugo. A exposición consta de diversas obras “pintadas dun xeito meticuloso e coidado tanto en óleo como en acuarela que mostran unha ampla variedade de pratos doces e salgados”

CULTURA TEATRO
A A. C. Almuinha estrea a obra teatral 'Listo para sentenza' (Museo M. Torres, hoxe as 20.00h)
O ex concelleiro marinense Aarón Franco, e presidente do colectivo organizador, forma parte do elenco dos intérpretes


A Asociación Cultural Almuinha anuncia a estrea da obra teatral “Listo para sentenza”, que terá lugar HOXE ÁS OITO DA TARDE no Museo Manuel Torres de Marín. A entrada será de balde ata completar aforo. Dirixida por Omar Ferrín e escrita por Sergio Macías, esta comedia sarcástica conta cun elenco formado por Aarón Franco, Elena Lameiro, Antía Rey, Carmen Xestido e Víctor Casal, integrantes do grupo teatral da Asociación Cultural Almuinha. Trátase dun proxecto que xorde do esforzo colectivo e a paixón polo teatro, despois de meses de intenso traballo e ensaios.

DEPORTES
El IX Torneo 'Antonio Suárez de futbol sala reúne hoy a una veintena de equipos

Presentación del Torneo 'Antonio Suárez' 2025. Foto CN/CM

Marín tiene todo dispuesto para la celebración HOY VIERNES del IX Torneo Internacional Antonio Suárez de Fútbol sala, un evento organizado por el Marín Futsal que reúne a más de una veintena de clubes entre los días 20 y el 22 en las sedes oficiales del evento, los pabellones de A Raña, O Sequelo, A Laxe, San Narciso y San Pedro, donde se disputarán partidos de todas las categorías base, desde prebenjamines hasta juveniles. El ‘Antonio Suárez’ es una de las citas más importantes del fútbol sala base a nivel nacional e internacional.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario