Unha programación chea de actividades para todas as idades simbolizadas no cartel da ilustradora Tamara Baz
Nas próximas semanas se repartirán programas de man con toda a información
![]() |
A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín, Itziar Álvarez e Mónica Viqueira presentando o programa. Foto CN/CM |
Marín xa conta os días para o
comezo das Festas do Carme 2025, unha das celebracións máis agardadas do verán
na vila, cunha programación ampla e diversa que combina tradición, cultura,
música e lecer para todas as idades.Xunto a elas, están xa marcadas algunhas
das datas máis relevantes de todo o verán de Marín e que xa se poden consultar
de xeito íntegro na web concellodemarin.es/veranmarin.
Orquestras, concertos, Batalla de Flores, DJs, actividades populares e folclóricas, actividades infantís e culturais... Todas serán protagonistas dunha programación que levará como imaxe unha homenaxe ás xentes e oficios do mar e que foi elaborada pola ilustradora galega Tamara Baz.
A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín, Itziar Álvarez e Mónica Viqueira presentaron todas estas novidades, adiantando que se repartirán ao longo das próximas semanas programas de man con toda a información e irá engalanándose a cidade con lonas e outros elementos nos que lucir o cartel do verán.

Lectura do pregón a cargo do grupo de Cantos de Taberna 'Os Saljariteiros'
Un dos momentos máis especiais
chegará o venres 11 de xullo, coa lectura do pregón a cargo do colectivo “@s
Saljariteir@s”, o noso gran grupo de cantos de taberna, grandes dinamizadores
da nosa cultura popular que, coa súa simpatía e compromiso coas tradicións,
darán o pistoletazo de saída oficial ás festas. A continuación, a música tomará
a Alameda cun espectáculo especial “Xuntos pola música”, no que Lys Pardo e
Antonio Barros renderán homenaxe ao repertorio do inesquecible Juan Pardo, nun
concerto que promete emoción e nostalxia. A noite pecharase coa orquestra
Origen.
O calendario musical destas festas está cheo de nomes destacados. Entre os pratos fortes atópase o esperado concerto de Camela o martes 15 de xullo no Parque Eguren, que será seguido pola orquestra Capitol. Antes, o 13 de xullo, tamén poderemos bailar ao ritmo da orquestra París de Noia.

A tradicional procesión marítimo-terrestre marca a festividade da Virxe do Carme (mércores, 16 de xullo, Festa Local)
A xornada grande será o martes
16 de xullo, coa tradicional misa na honra da Virxe do Carme, a procesión
marítimo-terrestre, os pasarrúas, e a gran tirada de fogos de artificio no
Paseo Alcalde Blanco. A noite culminará coa actuación da orquestra Marbella.
A programación aposta tamén polo talento galego e pola música contemporánea con propostas como Carlos Núñez, que ofrecerá un concerto especial de pago o 31 de xullo na Finca de Briz, e espectáculos como os concertos de La Oca Band, Pili Pampín, Pepo Suevos e Laura Añón.

Programación completa (link en el enlace)
No hay comentarios:
Publicar un comentario