Tino Iglesias, concelleiro do Grupo Municipal do BNG, reclama a instalación de reductores de velocidade na carretera de acceso ao Igrexario
MARÍN. 22.09.2025. O concelleiro do Grupo Grupo
Municipal do BNG, Tino Iglesias, atendendo a demanda dos vecinos, reclama o
Grupo de Goberno (PP) a instalación de redutores de velocidade (resaltos no pavimento) na estrada
provincial EP-1202, ao seu paso polo Igrexario de Santomé e nos accesos ao cemiterio e ao campo de fútbol para
garantir a seguridade da veciñanza. A petición ven
xustificada “ante o perigo que supón o tránsito constante de vehículos a gran
velocidade nunha vía estreita, sen senda peonil e que atravesa un núcleo de
vivendas”.
“A parroquia de Santomé non pode quedar á
marxe das actuacións na rede provincial e reiteramos o noso compromiso coa mellora
da seguridade viaria en todo o municipio”, remata Tino Iglesias a su reclamación. (Leer contenido completo da reclamación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario