MARÍN. 25.04.2025. O Ateneo Santa Cecilia organiza no seu local social unha nova exposición baixo o lema: 'Diverxencia: Mimbre e Cerámica' que permanecerá aberta dende HOXE VENRES día 25 en que será inaugurada ás 12.00h, ata o día 9 de maio, de luns a venres, en horario de 18.00 a 20.30h. Nesta ocasión, a autoría da mesma corre a cargo do alumnado dos talleres ocupacionais da Asociación Alba de Pontevedra é unha asociación subvencionada pola Deputación de Pontevedra, que ten como finalidade favorecer unha vida digna e plena para as persoas con enfermidade mental e as súas familias, mellorando a súa calidade de vida e traballando con iniciativas tanto propias como alleas dirixidas a facilitar a posible reinserción psicosocial destas persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario