Marín ten e tivo distintos deputados que nos
representaron e representan pola provincia de Pontevedra. Algúns con
importantes postos no goberno. Pero nunca ningún nestes 20 anos tivo a ben
atender esta proposta. Néstor Rego, mestre de Historia, non é un deputado da
provincia de Pontevedra. Curiosa paradoxa: naceu no Vicedo, unha das Vilas mais
alonxadas en Galicia da Vila de Marín. A parroquia de O Vicedo, onde o rio Sor
no seu serpentear constrúe a fermosísima ria de O Barqueiro. Cicais esa
plasticidade inspirouno para ser o único deputado dos 350 no Congreso que defende
esta proposta dos marinenses cando lle foi plantexada.
Agora a pelota está no tellado do PSOE, que dirixe os
ministerios de Defensa e Transportes. Non sabemos o que este partido histórico
vai decidir. Esperamos pouco, pero as veces a política sorprende. Agora que a
transición ecolóxica é un obxectivo importante das administracións públicas e
privadas, o PSOE e o resto de deputados do PP de Pontevedra, teñen a
oportunidade de reorganizar un espazo urbano golpeado de xeito anárquico
durante mais de un século. A proposta de Néstor Rego, pódese analizar,
negociar, transaccionar, pero trátase dunha oportunidade.
Grazas Néstor, irmán de Lugo, desde as xentes da Ria de
Marín, por ofrecernos a posibilidade en 100 anos de transformar a historia e o
urbanismo da nosa Vila."
No hay comentarios:
Publicar un comentario