sábado, 8 de noviembre de 2025

MARIN. PERSOAS E PERSONAXES. ANTÓN SOBRAL. MEDIO SIGLO DE TRAXECTORIA ARTISTICA



“Antón Sobral é mar, é Marín, é arte. É pensar no azul, nos turquesas, no violáceo das mellores estampas do ceo…” motivo recurrente na súa extensa obra, da que fará un percorrido na mostra que se inaugura o MARTES DIA 11 ÁS 19h no Museo M. Torres (o día seguinte da homenaxe que polos seus 50 anos de traxectoria artística lle tributa a UNED de Pontevedra).
A mostra que podremos disfrutar en Marín consiste nunha retrospectiva que non só fala dos seus cadros, senón tamén de si mesmo como artista e como persoa, nunha reconstrución humanística de 360 grados na que colaboran nove amigos e amigas, cuios textos compoñen un catálogo imprescindible para entender, como di el mesmo, “quen é ese tal Antón Sobral”

No hay comentarios:

Publicar un comentario