jueves, 2 de abril de 2026

MARÌN. III FESTIVAL DE CINE DO MAR. UNHA APOSTA DO MUSEO DO MAR DE MARÍN XA CONSOLIDADA

Compiten máis de trescentas peliculas chegadas de moi diversos países do mundo
O certamen será inaugurado o día 20 do mes en curso no Auditorio Municipal



O Museo do Mar de Marín organiza o III Festival Cine do Mar, que se celebrará entre as datas do 20 ao 26 de abril. Desde a organización mostran a súa satisfacción coa participación acadada durante o prazo, xa pechado, de inscripcións, o que consolida o carácter internacional do festival: chegaron máis de 300 filmes de todo o mundo, sumando os da categoría de ficción e documental. Hai unha gran representación de obras de nacionalidade española e de diferentes países iberoamericanos, incluíndo Brasil e Portugal. Tamén hai unha boa representación dos países europeos e algunhas obras de países asiáticos.
Por outra banda, desde a organización do festival queren adiantar os fitos desta edición. Anuncian que a inauguración terá lugar no Auditorio de Marín, coa proxección de Rondallas e a concesión do premio honorífico Luz de Faro a Carlos Blanco. O filme de clausura será San Simón, e o domingo 26 o festival rematará coa visita á propia Illa de San Simón. Nesta edición tamén haberá un showcooking, que tanto éxito tivo o ano pasado, coa participación do chef Marcos S. Area, do 'éRestaurante'. E como novidade deste ano, haberá unha xornada adicada aos escolares, coa participación dos colexios de Marín e bisbarra, con diferentes proxeccións e un contacontos, con BaraFunda Animación. (Leer máis información)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario