Lucia Santos, portavoz do Grupo Nacionalista: "E imprescindible que o Goberno Local defina canto antes un proxecto cultural para o novo espazo"
A concelleira destaca tamén "a necesidade de dotar ás instalacións do persoal cualificado para garantir unha xestión eficiente do edificio"
| A dereita da imaxe, en seguna fila: Tino Iglesias e Davinia Lojo, concelleiros do BNG asistentes a inauguración do Auditorio. Foto: JLGP |
En relación coa recente inauguración do Auditorio, o BNG a través da súa portavoz no Grupo Municipal,
Lucia Santos manifesta que “celebran que Marín conte, por fin, cun espazo
cultural tan demandado e necesario para o desenvolvemento cultural da vila; porén,
lamentamos que o Goberno Local (PP) convertese a inauguración do Auditorio nun
acto propagandístico, tentando capitalizar unha demanda histórica a un ano das
eleccións, ocultando os atrasos, modificacións do proxecto e problemas
acumulados durante a execución dunha infraestrutura marcada pola falta de
transparencia. O BNG considera, ademais, que a inauguración do Centro Cultural
debería terse realizado cun acto no que participase o tecido cultural do concello.
A formación nacionalista considera preocupante “que
o goberno municipal priorizase a posta en escena e a rendibilidade política da
inauguración antes de garantir unha estrutura profesional, transparente e
estable para dotar de contido o auditorio” e manifesta que “o verdadeiro éxito
non dependerá dunha inauguración puntual, senón da capacidade do Concello para
garantir unha programación cultural estable, unha xestión transparente e un
acceso democrático ás instalacións.”
O mesmo tempo Lucia Santos pon o acento na necesidade
de que o Goberno Local defina canto antes un proxecto cultural para o novo
espazo, á vez que consideran imprescindible que tamén dote ás instalacións do
persoal suficiente e cualificado para garantir unha xestión profesional e
eficiente do edificio.” (Leer información ampliada)
No hay comentarios:
Publicar un comentario