viernes, 15 de mayo de 2026

MARÍN. PREMIOS E PREMIADOS CONCURSOS LETRAS GALEGAS

A poeta María Álvarez e o traductor Antón de Dios gañadores do Premio Poesía Concello de Marín
Recibirán o galardón o domingo día 17 no acto institucional do Dia das Letras Galegas


A poeta viguesa María Álvarez Martínez, coñecida artísticamente como Masha,  é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín dotado con 1.000 euros. O xurado destacou que a obra gañadora, titulada Outros contiños de Canterbury, supón unha recreación "moi fresca", que ten un estilo narrativo que non cae no prosaico e que as imaxes e accións poéticas "están moi ben construídas". Pola súa parte, o accésit de 200 euros foi para Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985), pola súa obra Do meu nomeLicenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, este autor conta con dous mestrados, un en traducción multimedia e audiovisual e outro en formación do profesorado. (Leer información ampliada)

O Ateneo Santa Cecilia fai hoxe entrega dos premios do concurso  'Marín Conta' (Local social da entidade ás 20.00h)
O Ateneo Santa Cecilia expresa o seu agradecemento aos centros educativos, ao profesorado e, especialmente, ao alumnado pola participación, un ano máis, na edición do Concurso de Relato Curto “MARÍN CONTA”; e informa de que tras valorar a creatividade, o talento e o esforzo dedicado en cada un dos textos presentados, a entrega de premios terá lugar HOXE VENRES 15 ás 20:00h no local social da entidade.  O acto é de acceso libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario